Competencia Xeral 1: que os coñecementos adquiridos capaciten aos alumnos a comprender as contribucións científicas máis significativas que se fixeron na súa área de especialización ao longo da historia e, en particular, as máis recentes. Competencia Xeral 2: Que os alumnos sexan capaces de realizar investigacións na súa área de especialización, utilizando os métodos máis avanzados que foron desenvolvidos ata agora, e de acordo con principios científicos xeralmente aceptados pola comunidade internacional. Competencia Xeral 3: Que os alumnos sexan capaces de propoñer e dirixir proxectos de investigación na súa área de especialización.
Competencia específica 1: Os alumnos deberán adquirir coñecementos avanzados de especialización en calquera área de enxeñería civil ou ciencias en que se basea, de xeito que se encontren na vangarda internacional no seu campo de especialización. Competencia Específica 2: Os alumnos deberán realizar unha contribución científica na súa área de especialización, que teña relevancia no campo da enxeñaría civil ou ciencias en que se basea. Competencia Específica 3: Os alumnos deben ser capaces de incorporarse aos grupos de investigación e desenvolvemento e innovación máis potentes do mundo na súa área de especialización. Competencia Específica 4 : Os alumnos deben ser capaces de incorporarse ou reincorporarse ao sector produtivo en categorías superiores dos cadros directivos, e que o coñecemento e as habilidades adquiridas lles permitan mellorar os proxectos e a execución das obras de enxeñaría civil.
Desde 2002 teñen completado a súa tese de doutoramento en programas de doutoramento que este substitúe cerca de 50 alumnos, entre os que se contan varios premios nacionais de investigación. Entre os seus alumnos egresados están investigadores recoñecidos que traballan actualmente nas universidades españolas e estranxeiras, e enxeñeiros que realizan a súa actividade profesional en posicións de gran responsabilidade.
No desenvolvemento do programa de doutoramento en Enxeñaría Civil, colabora a Fundación da Enxeñaría Civil Galicia. Segundo se indica nos seus estatutos , é unha organización fundacional de interese galego constituída sen ánimo de lucro, cuxo patrimonio está afectado de forma permanente para acadar os obxectivos de interés xeral propios da institución. Os propósitos da Fundación de Enxeñaría Civil, como consta no artigo 7 dos seus estatutos, son os seguintes: A) Promover a investigación científica, o desenvolvemento tecnolóxico e innovación. B) Promover o desenvolvemento técnico e a colaboración con outras institucións nacionais e internacionais. C) Fomentar a incorporación e desenvolvemento de novas tecnoloxías. D) Estimular a formación de grupos de investigadores especializados nos diferentes campos de actividade. E) Facilitar o intercambio e a transferencia de coñecemento entre grupos dos diferentes axentes do sistema de ciencia, tecnoloxía e empresas. F) Divulgar os resultados das actividades e coordinar a realización de informes, ditames, estudos, etc ... a petición de institucións e empresas. G) Promover convenios de colaboración entre a Fundación e a Escola e outras escolas de enxeñaría, centros de investigación e empresas, tanto públicas como privadas, para o desenvolvemento do propósito fundacional e canalizar a transferencia de tecnoloxía. Existe un acordo marco entre a Universidade da Coruña e a Fundación de Enxeñaría Civil de Galicia para o desenvolvemento de actividades académicas, científicas e de transferencia tecnolóxica.
Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:
No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.
No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admisión.
Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.
O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.
Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 31: Compromiso de supervisión.
Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.
Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 30: Plan de investigación.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.