Programa Oficial de Doutoramento en Computación

2025/2026

Que se aprende

O obxectivo principal do Doutoramento en Computación é a formación de novos doutores na área de Computación avanzada. Os grupos de investigación que dan soporte principal á formación do programa son VARPA (Visión Artificial e Recoñecemento de Patróns), LIDIA (Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento en Intelixencia Artificial), LYS (Lingua e Sociedade da información), LBD (Laboratorio de Bases de Datos), IRLAB (Information Retrieval Lab.) e GSA-GII (Grupo de Sistemas Autónomos – Grupo Integrado de Enxeñaría).

Competencias xenéricas


Competencias específicas

CA01 - Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.
CA02 - Atopar as preguntas claves que hai que responder para resolver un problema complexo.
CA03 - Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novidosos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.
CA04 - Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.
CA05 - Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.
CA06 - A crítica e defensa intelectual de solucións.
CE1 - Especifica - Adquirir coñecementos de Lóxicas Computacionais e as súas principais aplicacións a outras áreas específicas de investigación en Computación tales como Razonamento Automático, Representación do Coñecemento, Razonamento Temporal e Espacial, Sistemas Multiaxente, Web semántica, Verificación Formal, etc.
CE2 - Especifica - Comprender os conceptos básicos da aprendizaxe computacional, as diferentes técnicas dispoñibles e o seu ámbito de aplicabilidade. Ser capaz de aplica-las distintas técnicas de aprendizaxe empregando unha metodoloxía adecuada.
CE3 - Especifica - Coñecemento dos principais aspectos de modelado formal e de avaliación do rendemento dos sistemas distribuídos e concorrentes.
CE4 - Especifica - Posuír unha ampla comprensión dos sistemas de xestión da Información, desde os aspectos máis técnicos como as estruturas de Datos Compactas e os correspondentes algoritmos de uso, ata as máis avanzadas técnicas de Recuperación da Información, Extracción de Información e Busca de Respostas.
CT1 - Transversal - Adquirir coñecemento e experiencia acerca do labor investigadora, as súas características, o rigor e a responsabilidade ética da investigación.
CT2 - Transversal - Adquirir experiencia na busca de fontes de información científica, a análise crítica dela, coñecemento dos rankings e impacto de artigos e de científicos, índices, citas, etc.
CT3 - Transversal - Adquirir experiencia acerca da metodoloxía de escritura de traballos científicos: presentación de traballos en revistas científicas e en congresos científicos, xunto á metodoloxía de exposición de traballos.
CT4 - Transversal - Coñece-las características da investigación como profesión, o contorno de investigación e os cometidos profesionais. Aspectos tales como patentes, rexistros de software e propiedade intelectual; o traballo de revisión científica, ética e cometidos; proxectos, tipos de proxectos, cómo redactalos, xestión básica.
CG1 - Xeral - Ter adquirido coñecementos avanzados na fronteira do coñecemento e demostrado, no contexto da investigación científica recoñecida internacionalmente, unha comprensión profunda, detallada e fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía científica nun ou máis ámbitos investigadores.
CG2 - Xeral - Ter feito unha contribución orixinal e significativa á investigación científica no seu ámbito de coñecemento e que esta contribución fose recoñecida como tal pola comunidade científica internacional.
CG3 - Xeral - Ter demostrado que son capaces de deseñar un proxecto de investigación co que levar a cabo unha análise crítica e unha avaliación de situacións imprecisas onde aplicar as súas contribucións e os seus coñecementos e metodoloxía de traballo para realizar unha síntese de ideas novas e complexas que produzan un coñecemento máis profundo do contexto investigador no que se traballe.
CG4 - Xeral - Capacidade de transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público, especializado ou non, desenvolvendo habilidades para comunicarse, redactar informes e asumir distintos roles e responsabilidades.

Competencias transversais


Saídas profesionais e académicas

O doutoramento proposto enmárcase dentro do sector de tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC). De acordo cos datos da  Comisión Europea, o sector das TIC xerou 590 billóns de euros en 2018, onde España achegou o 7% do valor engadido da UE. De acordo cos datos da "Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia" referentes ao hipersector TIC en Galicia (que inclúe o sector TIC xunto ao sector dos contidos e servizos audiovisuais), as empresas galegas representan o 4.7% do total do hipersector TIC español e representan o 1.7% das empresas de Galicia (4170 empresas en 2022). Os datos xustifican a demanda real, por parte do sector TIC, de profesionais con perfil investigador, dando resposta ademais ás necesidades formativas e científicas do Sistema Universitario de Galicia e ao sector TIC galego. Aínda que o doutoramento proposto presenta un importante compoñente de enfoque científico, o programa fomenta igualmente o espírito emprendedor. Así, algúns dos antigos alumnos/as do doutoramento en Computación forman na actualidade parte do cadro de empresas TIC nacionais con implantación en Galicia, tales como Indra ou Altia, e de departamentos TIC de entidades bancarias como Abanca. Ademais do labor tradicionalmente desenvolvido nos grupos de investigación que dan soporte ao programa, ao longo dos últimos anos fomentouse a creación de empresas spin-off. Destacan iniciativas como o viveiro de empresas promovido pola UDC, da que xurdiron exemplos notables tales como Lambstream, Igalia ou Enxeño e que contan con persoal que se nutriu en maior ou menor medida con alumnos/as e profesores/as do doutoramento en Computación da UDC.

Saídas profesionais e académicas

O doutoramento proposto enmárcase dentro do sector de tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC). De acordo cos datos da  Comisión Europea, o sector das TIC xerou 590 billóns de euros en 2018, onde España achegou o 7% do valor engadido da UE. De acordo cos datos da "Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia" referentes ao hipersector TIC en Galicia (que inclúe o sector TIC xunto ao sector dos contidos e servizos audiovisuais), as empresas galegas representan o 4.7% do total do hipersector TIC español e representan o 1.7% das empresas de Galicia (4170 empresas en 2022). Os datos xustifican a demanda real, por parte do sector TIC, de profesionais con perfil investigador, dando resposta ademais ás necesidades formativas e científicas do Sistema Universitario de Galicia e ao sector TIC galego. Aínda que o doutoramento proposto presenta un importante compoñente de enfoque científico, o programa fomenta igualmente o espírito emprendedor. Así, algúns dos antigos alumnos/as do doutoramento en Computación forman na actualidade parte do cadro de empresas TIC nacionais con implantación en Galicia, tales como Indra ou Altia, e de departamentos TIC de entidades bancarias como Abanca. Ademais do labor tradicionalmente desenvolvido nos grupos de investigación que dan soporte ao programa, ao longo dos últimos anos fomentouse a creación de empresas spin-off. Destacan iniciativas como o viveiro de empresas promovido pola UDC, da que xurdiron exemplos notables tales como Lambstream, Igalia ou Enxeño e que contan con persoal que se nutriu en maior ou menor medida con alumnos/as e profesores/as do doutoramento en Computación da UDC.

Empresas e institucións colaboradoras

Os distintos grupos de investigación do Departamento de Computación manteñen un amplo conxunto de colaboracións con outros grupos e universidades españolas e estranxeiras, que garanten a formación e mobilidade dos doutorandos. De igual modo, mantéñense colaboracións con diferentes empresas do contorno TIC, a través de contratos con elas por parte dos diferentes grupos, ademais da colaboración de doutores e profesores con spin-off xurdidas no seo do departamento. Relaciónanse, por exemplo, as que destacan pola súa estabilidade ou especial relevancia para o programa de doutoramento: 

ISIR - Institut des Systèmes Intelligents et de Robotique, Sorbonne Universite (Francia); Robotics Institute - University of Technology Sydney (Australia); Istituto di Scienze e Tecnologie della Cognizione, Consiglio Nazionale delle Ricerche (CNR) (Italia); Norwegian University of Science and Technology (NTNU); University of Kent (UK); Universidade de Oporto (Portugal); Universidade de Lugano (Suíza); Universidade de Sheffield (UK);  Universidade de Potsdam (Alemaña); Universidade Técnica de Viena (Austria); Università degli Studi di Modena e Reggio Emilia (Italia); Ludwig Maximilian University de Munich (Alemaña); Universidade Nacional de Uzbekistán; Universidade de Chile; North Carolina State University (USA);  University College London (UK); University of Amsterdam (Holanda).

Liñas de investigación

Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:

  • Aprendizaxe Máquina
  • Bioinformática e Informática Biomédica
  • Procesamento da Linguaxe Natural
  • Recuperación de Información (IR)
  • Robótica Autónoma
  • Sistemas Baseados en Coñecemento
  • Sistemas Distribuidos
  • Tecnoloxías para Sistemas de Información Complexos
  • Visión Artificial

Planificación do ensino

Complementos de formación específicos

No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.

No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admisión.

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas do programa

No Programa de Doutoramento en Computación as actividades formativas específicas estrutúranse nunha serie de seminarios introdutorios ás diferentes liñas de investigación actuais no ámbito das ciencias da computación, que integran as diferentes liñas do programa de doutoramento. A organización de seminarios específicos estrutúrase en tres bloques ou itinerarios, que axudan o alumno a elixir os seminarios en función dos seus intereses acerca da liña de investigación para desenvolver: sistemas intelixentes, sistemas distribuídos e concorrentes, e xestión da información. Todos os seminarios se imparten nun tempo de 4 horas lectivas. O estudante deberá cursar obrigatoriamente cursos transversais orientados á metodoloxía da investigación (ofertados polo CUFIE da UDC), mentres que deberá cursar un total de 8 elixidos entre os diferentes seminarios específicos ofertados.

Relación de seminarios específicos: http://www.dc.fi.udc.es/phd/?q=es/node/20

Compromiso documental de supervisión

Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.

O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.

Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 13: Compromiso de supervisión.

Plan de investigación

Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.

Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 15: Plan de investigación.

Profesorado

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.