Programa Oficial de Doutoramento en Computación

2025/2026

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.

20 prazas ofertadas no curso 2025/2026

Perfil de admisión recomendado

O perfil de ingreso establece os requisitos de formación previa do alumnado para ser admitido no programa. De forma xeral, poderá ser admitido no programa quen se encontre nalgunha das seguintes situacións:
  • Rama de coñecemento: Enxeñería e arquitectura.
  • Ámbito/s de coñecemento: Enxeñería informática e de sistemas.
  • Competencias, capacidades e coñecementos previos: coñecementos sólidos de informática, habilidades de programación.
  • Titulacións de acceso: Requirese un perfil de ingreso principalmente orientado a titulacións universitarias do ámbito da
  • Informática, ou a disciplinas afíns que poidan proporcionar unha formación relevante ou adecuada para algún área específica de investigación en Computación, tales como Informática (preferentemente), Matemáticas, Telecomunicacións, Física ou Enxeñaría Industrial.
  • Competencias lingüísticas recomendadas para a realización destes estudos: recoméndase ter un nivel mínimo B1 de inglés.
Os casos que non se axusten ao perfil de ingreso serán estudados pola CAPD, podendo proceder ou non á admisión.

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

A solicitude de admisión realizarase a través da Secretaría Virtual do estudante e a documentación xustificativa entregarase na UADI da Facultade de Informática. A CAPD publicará as listaxes provisoria e definitiva do alumnado admitido na páxina web do programa de doutoramento e no portal de estudos da UDC. As reclamacións á listaxe provisoria dirixiranse á UADI da Facultade de Informática. A solicitude de matrícula a tempo parcial, o cambio de modalidade de matrícula e a baixa temporal no programa deberá presentarse na UADI da Facultade de Informática.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.