Aprenderás a xestionar contidos para integralos nunha aplicación final.
Saberás como interactuar cos fluxos de produción que xeran eses contidos.
Ademais, dedicarás un 25% del total a afondar en uno de dos aspectos distintos, a tu elección:
Técnico avanzado XR: mellora as prestacións dos sistemas inmersivos mediante algorítmica eficiente e técnicas de optimización. Simula e modela a realidade.
Deseñador de experiencias XR: integra os espazos virtuais en procesos de produción xa existentes, considera a satisfacción do usuario e crea novas solucións en diversos ámbitos (deseño, produción, mantemento, adestramento…) e sectores (industria 4.0, saúde, educación…).
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Fundamentos de Programación e Electrónica | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Programación XR | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Modelado 3D e Renderizado de Imaxes | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Interacción co Usuario | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Produción de Contidos | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Produción de Proxectos XR | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Sistemas XR | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| XR Remota e Móbil | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Proxecto en Grupo | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Sensorización do Medio | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Programación XR Avanzada | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Renderización Avanzada de Imaxe e Son | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Intelixencia Artificial e Aprendizaxe Automática | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Aplicacións Industriais | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Integración de Sistemas | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Visión por Computador | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.