Máster Universitario en Realidade Estendida

2025/2026

Acceso e admisión

Para acceder ao ensino oficial de máster será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país expedidor do título para o acceso ao ensino de máster.

Así mesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior, sen necesidade da homologación dos seus títulos, despois de que a UDC comprobe que estes acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e facultan no país expedidor do título para o acceso ao ensino de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar o ensino de máster.

Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES que soliciten acceso ás ensinanzas oficiais de másteres universitarios que habilitan para o exercicio de profesión regulada, necesariamente deberán ter o seu título homologado ou declarado equivalente polo ministerio competente.

Os estudantes poderán ser admitidos a un máster conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do título de máster universitario. A UDC incluirá os procedementos e requisitos de admisión no plan de estudos.

A admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o ensino de máster.

Perfil recomendado

O perfil de acceso responde ao dun titulado nun grao relacionado co ámbito das TIC, polo que se espera que teña habilidades de programación, deseño de algoritmos e coñecementos de arquitectura de computadores.

Requisitos de acceso comúns

Indícanse a continuación, unha serie de titulacións que se denominarán Preferentes. No caso do alumnado que solicite a súa admisión e posúa un título técnico que non se considere preferente, valorarase a aceptación da súa solicitude, para proceder á súa baremación.
  • Enxeñería Informática
  • Enxeñería de Tecnoloxías de Telecomunicación
  • Enxeñería en Electrónica Industrial e Automática
  • Ciencia e Enxeñería de Datos
  • Creación Dixital, Animación y Videoxogos
  • Robótica
  • Física
  • Intelixencia Artificial

Solicitude e admisión

A solicitude de preinscripción poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establecer na UDC. Consulte a páxina de másteres, para maior información. 

As solicitudes formuladas por persoas con títulos académicos estranxeiros de sistemas educativos alleos ao EEES deberán ir acompañadas da seguinte documentación, traducida a calquera das dúas linguas oficiais na UDC, legalizada ou coa Apostila da Haia: título que dá acceso ao máster e certificación académica.

A matrícula realizarase nos sucesivos prazos que se inclúen no calendario de preinscrición dos másteres que aproba o Consello de Goberno da UDC á través da web da UDC.

Unha vez efectuada a matrícula deberá remitirse á administración do centro, ou entregarse nela, nun prazo máximo de 10 días naturais que contarán a partir da data de solicitude de matrícula, a seguinte documentación, se for o caso:

  • A solicitude de bolsa debidamente cuberta.
  • O xustificante que acredite a exención ou a redución dos prezos de matrícula.

 

10 prazas ofertadas no curso 2025/2026

Criterios e procedementos de admisión

O baremo de avaliación das solicitudes de ingreso aceptadas pola Comisión Académica basearase nos seguintes aspectos:

  • Expediente académico: ata o 70% da nota. Para estudantes procedentes de titulacións que non se consideran Titulacións Preferentes, o seu expediente académico será multiplicado por un factor de ponderación, menor que 1, relacionado coa carga académica cursada en habilidades de programación, deseño de algoritmos e coñecementos de Electrónica. A forma de calcular este factor de ponderación será fixada pola Comisión Académica antes de que se abra o proceso de preinscrición e matrícula.
  • Experiencia investigadora: ata o 30% da nota. Poderase concertar unha entrevista persoal para valorar a adecuación.
  • Experiencia laboral: ata o 30% da nota. Poderase concertar unha entrevista persoal para valorar a adecuación.
  • Outros méritos relacionados co ámbito da Realidade Estendida: ata o 10% da nota. Poderase concertar unha entrevista persoal para valorar a adecuación.
  • Situación de desemprego no momento de facer a solicitude de reserva de praza: ata o 10% da nota.

As porcentaxes concretas asociadas ao baremo para cada curso académico serán establecidos e publicados con anterioridade ao comezo dos períodos de preinscrición e matrícula.

A Comisión Académica establecerá as equivalencias entre estudos superados noutras universidades e os que poidan ser recoñecidos no plan de estudos.

A experiencia laboral e profesional acreditada poderá ser tamén recoñecida en forma de créditos, en número non superior a 7.5 ECTS. En concreto, os créditos da materia de Prácticas Externas poderán ser recoñecidos por experiencia laboral e profesional acreditada, sempre que se exerceu polo menos como Enxeñeiro Técnico/Diplomado/Graduado no ámbito de proxectos de Realidade Estendida (XR).

Prazos

Os prazos de preinscripción en estudos de máster universitario oficial son aprobados polo Consello de Goberno da UDC, e poden consultarse na seguinte páxina web.

bolsas e axudas

Existe un sistema de bolsas para o estudantado que o precise. Os distintos criterios e prazos dependen do tipo de bolsa e o organismo que as convoca (propias, autonómicas e estatáis). Podes consultalas nos seguintes enlaces: