Máster Universitario en Internet das Cousas - IoT

2024/2025 · 60 créditos

Que se aprende

O estudantado do MUIoT adquirirá os seguintes coñecementos nas materias obrigatorias do Mestrado:

  • Aprender a programar e optimizar distintos tipos de dispositivos IoT.
  • Deseñar e despregar distintos tipos de servizos de sistemas de Cloud Computing para IoT.
  • Deseñar e despregar novas arquitecturas IoT (e.g., descentralizadas, distribuídas).
  • Aprender os conceptos básicos de ciberseguridade para IoT.
  • Determinar os dispositivos sensores e actuadores necesarios para aplicacións IoT.
  • Recoñecer e definir a estrutura de sistemas IoT embebidos.
  • Aprender o funcionamento dos distintos protocolos IoT de rede e aplicación.
  • Identificar as características dos distintos tipos de redes e das tecnoloxías de rede para IoT.
  • Identificar os diferentes tipos de innovación e emprendemento, e a súa aplicación a proxectos empresariais baseados en IoT.
  • Coñecer e comprender os aspectos básicos de protección intelectual e industrial.
  • Coñecer e comprender os conceptos fundamentais sobre a Aprendizaxe Automática para IoT.

Competencias completas do estudo

Competencias xenéricas

Ademáis dos coñecementos anteriormente citados, o estudantado adquirirá as seguintes competencias xenéricas:

  • Deseñar dispositivos IoT seleccionando os sensores/actuadores máis adecuados para cada uso.
  • Desenvolver a arquitectura necesaria para garantir a interoperabilidade dos dispositivos.
  • Construír redes e definir protocolos que permitan a comunicación entre dispositivos IoT.
  • Avaliar o funcionamento de sistemas electrónicos embebidos IoT.
  • Determinar mecanismos para a recollida de datos en tempo real.
  • Integrar tecnoloxías como o Aprendizaxe Máquina, o tratamento de datos masivos, as Tecnoloxías de Rexistro Distribuído (DLT), a computación no borde, entre outras, para o desenvolvemento de sistemas IoT máis intelixentes e eficientes.
  • Garantir a seguridade da información xerada por dispositivos IoT.
  • Desenvolver un plan de negocio para un proxecto empresarial baseado en IoT.
  • Deseñar bases de datos para o almacenamento e xestión de grandes cantidades de datos IoT.
  • Adquirir experiencia no deseño, implementación, despregue e mantemento de sistemas IoT dentro dun contorno real de traballo.
  • Desenvolver a autonomía suficiente para participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas ou tecnolóxicas en contextos interdisciplinares e, se é o caso, cunha alta componente de transferencia do coñecemento.

Competencias específicas

Principais resultados da Especialidade Sociedade 5.0:

  • Programar wearables IoT para saúde.
  • Coñecer e comprender os fundamentos básicos de sensórica e automatización para cidades intelixentes e de domótica e inmótica.
  • Coñecer e comprender os principais modelos enerxéticos e o concepto de rede eléctrica intelixente (smart grid) dende o punto de vista dos edificios e fogares intelixentes.
  • Aplicar técnicas estatísticas a conxuntos de datos IoT a gran escala e para aplicacións da Sociedade 5.0.
  • Aplicar técnicas de análise de vídeo para aplicacións da Sociedade 5.0.
  • Deseñar e despregar redes de dispositivos IoT no ámbito das aplicacións da Sociedade 5.0.

Principais resultados da Especialidade IoT Industrial :

  • Aplicar técnicas estatísticas a conxuntos de datos IIoT a gran escala.
  • Programar SBCs para o despregue e xestión de nodos de sensores e actuadores IIoT.
  • Deseñar e despregar sistemas de procesado de datos IIoT a gran escala.
  • Deseñar, despregar e optimizar sistemas Green IoT.
  • Analizar e interpretar os fluxos de datos IIoT nunha empresa industrial.
  • Deseñar un xemelgo industrial robótico.
  • Deseñar e implementar algoritmos de análise e procesado de vídeo para contornos IIoT.

Principales resultados da Especialidade Vehículo Conectado:

  • Aplicar técnicas estatísticas a datos a gran escala en aplicacións IoT do vehículo conectado.
  • Aplicar técnicas de análise de imaxe para o vehículo conectado.
  • Deseñar e despregar redes de dispositivos e servizos para vehículos conectados.
  • Deseñar e despregar sistemas de procesado de datos IoT a gran escala para aplicacións do vehículo conectado.
  • Deseñar e despregar sistemas IoT para ITS e UAVs.

Saídas profesionais e académicas

Os egresados do MUIoT estarán capacitados para o deseño, configuración, integración e adaptación de sistemas IoT aplicables a múltiples campos, ao ser a IoT de aplicación transversal en innumerables ámbitos.

De forma máis concreta, os egresados desta titulación poderán desempeñar o seu traballo como:

  • Desenvolvedores de sistemas, servizos e aplicacións baseados en IoT.
  • Expertos en domótica.
  • Xestores de proxectos de tecnoloxías de última xeración.
  • Desenvolvedores de estratexias IoT.
  • Consultores IoT.
  • Analistas de datos especializados en IoT.
  • Expertos en ciberseguridade para IoT.
  • Investigadores en IoT.
  • Arquitectos de solucións IoT.

Ademais, as tres especialidades propostas permitirán gañar profundidade nunha das tres áreas fundamentais para a sociedade moderna actual, formando a expertos en:

  • Sociedade 5.0: Expertos na aplicación das tecnoloxías IoT a ámbitos como a saúde, as Cidades Intelixentes ou os edificios e fogares intelixentes.
  • IIoT: Desenvolvedores expertos nas tecnoloxías IoT para a Industria 4.0/5.0, incluíndo a integración de sistemas IIoT, o desenvolvemento de Xemelgos Dixitais para plantas industriais ou a creación de sistemas IoT enerxeticamente eficientes.
  • Vehículo conectado: Expertos en tecnoloxías IoT aplicables a vehículos conectados, a sistemas de transporte intelixentes ou a sistemas aéreos non tripulados.

Planificación do ensino

Para obter o título de MUIoT é necesario superar 60 créditos ECTS que se dividen en:

  • 39 ECTS obrigatorios
  • 15 ECTS optativos (de especialidade), incluíndo 3 ECTS de prácticas externas obrigatorias
  • 6 ECTS de Traballo de Fin de Máster

Definíronse 3 especialidades. Cada especialidade, cuxa elección é obrigatoria, consta de 7 asignaturas, 4 delas son obrigatorias de especialidade e o alumno debe escoller unha optativa de especialidade entre as outras tres. As prácticas en empresa deste Máster son obrigatorias, orientadas a cada especialidade.

As materias distribúense en 4 bimestres como segue:

  • Bimestre 1 (Setembro-Novembro):
    • Dispositivos IoT
    • Sistemas Embebidos
    • Computación na Nube para IoT
    • Redes de comunicacións en IoT
  • Bimestre 2 (Novembro-Xaneiro):
    • Protocolos de comunicacións en IoT
    • Innovación e emprendemento en IoT
    • Enxeñería de datos para IoT
    • Novas arquitecturas e paradigmas IoT
  • Bimestre 3 (Febreiro-Abril):
    • Aprendizaxe Automática
    • Ciberseguridade en IoT
    • Materias de especialidade
  • Bimestre 4 (Maio-Xuño):
    • Materias de especialidade
    • Prácticas en empresa
    • TFM

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Dispositivos IoT Obrigatorio 4,5 ECTS
Redes de Comunicacións en IoT Obrigatorio 3 ECTS
Computación na Nube para IoT Obrigatorio 3 ECTS
Sistemas Embebidos Obrigatorio 4,5 ECTS
Novas Arquitecturas e Paradigmas IoT Obrigatorio 4,5 ECTS
Protocolos de Comunicacions para IoT Obrigatorio 4,5 ECTS
Innovación e Emprendemento Tecnolóxico en IoT Obrigatorio 3 ECTS
Enxeñaría de Datos para IoT Obrigatorio 3 ECTS
Aprendizaxe Automático Obrigatorio 4,5 ECTS
Ciberseguridade en IoT Obrigatorio 4,5 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Prácticas en Empresa para IIoT Obrigatorio 3 ECTS
Prácticas en Empresa para Sociedade 5.0 Obrigatorio 3 ECTS
Prácticas en Empresa para Vehículo Conectado Obrigatorio 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo de Fin de Mestrado Obrigatorio 6 ECTS

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.