Máster Universitario en Rehabilitación Arquitectónica

2024/2025 · 60 créditos

Que se aprende

Mediante os estudos de mestrado adquírese un amplo conxunto de coñecementos e destrezas ligados á inspección técnica e intervención no patrimonio arquitectónico nas súas múltiples vertentes.

Adicionalmente, e de forma optativa, ofrece instrución relacionada coa investigación documental e tecnolóxica en arquitectura.

Competencias completas do estudo

Competencias xenéricas

A intervención no patrimonio edificado non só esixe unha elevada capacitación técnica, senón que require en paralelo un profundo coñecemento dos valores históricos, artísticos e culturais daquilo sobre o que se actúa. O exercicio profesional enténdese aquí desde a comprensión do pasado e a construción do futuro, tarefas interconectadas en que se imbrican consideracións de compromiso cara á sociedade á que se serve. Polo demais, operar nun marco onde os avances técnicos se suceden de forma acelerada implica dos técnicos asumiren estratexias de aprendizaxe ao longo da vida, de forma que a innovación e o progresivo desenvolvemento tecnolóxico supoñan unha constante fonte formativa que os capacite para afrontaren novos retos.

Competencias específicas

A titulación aborda unha formación multidisciplinar acorde coas múltiples vertentes da conservación e a intervención no patrimonio edificado. Combina, xa que logo, competencias específicas de moi diversa índole:

  • De orde teórica: desenvolvemento e coordinación de estudos históricos, crítica arquitectónica, catalogación monumental, definición de medidas de protección de edificios e conxuntos, e redacción de plans de delimitación e conservación.
  • De deseño arquitectónico: proxectos de reconstrución, ampliación e/ou adecuación derivados de cambios de uso, reformas, ou outras continxencias.
  • De índole técnica: inspección, mantemento, análise estrutural, peritaxe técnica, criterios de reparación e/ou reforzo, conservación de obra grosa e acabada, control e mellora de instalacións, e deseño de medidas orientadas á eficiencia enerxética.

Competencias transversais

Desde a organización das distintas materias e as súas correspondentes actividades formativas preténdese potenciar un amplo conxunto de competencias transversais, é dicir, destrezas que integran factores cognitivos, afectivos e de comportamento, e que habitualmente se relacionan cunha maior capacidade para operar con eficacia en diversos ámbitos profesionais. Entre outras, saliéntanse as seguintes:

  • De carácter instrumental: abranguendo aquelas de corte xenérico, como as capacidades de análise e síntese, as destrezas en comunicación oral e escrita, ou a xestión da información; pero tamén outras máis específicas, como son as habilidades gráficas ou o uso de medios informáticos relativos ao ámbito de estudo.
  • De ámbito persoal: habilidades nas relacións interpersoais, condutas nun marco de traballo colaborativo, razoamento crítico e compromiso ético.
  • De tipo sistémico: estratexias de aprendizaxe autónoma, adaptación a novas situacións, creatividade, aptitudes emprendedoras, liderado ou motivación pola calidade.

Saídas profesionais e académicas

O ciclo de estudos pretende facilitar unha capacitación multidisciplinar directamente vinculada aos seguintes perfís profesionais:

  • Xestores e persoal técnico en entidades públicas ou privadas, que precisen alcanzar unha alta cualificación especializada en materias concernentes á rehabilitación arquitectónica.
  • Profesionais que desexen formarse como expertos na inspección de edificios e/ou en patoloxía arquitectónica.
  • Investigadores en institucións públicas ou privadas, cuxa área temática se relacione co ámbito da rehabilitación arquitectónica.
  • Actividades de consultoría ligadas á peritaxe, a conservación e a intervención no patrimonio edificado, con especial incidencia na avaliación de prestacións e a diagnose de lesións e procesos de degradación.

    Contémplase igualmente un complemento formativo orientado ao posible acceso aos estudos de doutoramento, en calquera caso de acordo cos requisitos e procesos definidos na actual regulamentación vixente.

Planificación do ensino

O título tense deseñado baixo unha estrutura anual de 60 créditos ECTS. Presenta 6 módulos temáticos, con orientación e contidos pódense consultar nesta mesma sección. Estes módulos acollen un total de 12 materias obrigatorias, que á súa vez supoñen un total de 36 créditos. Paralelamente impártense 11 asignaturas optativas, xunto coa materia de prácticas en empresa, das cales se debe cursar un mínimo de 6 (18 créditos). Á finalización inclúese un módulo adicional, íntegramente adicado ao Traballo Fin de Mestrado, cunha una carga lectiva de 6 créditos, e que se concibe como unha propuesta de síntese e aplicación práctica das competencias adquiridas durante o ciclo.

A agrupación de 5 materias optativas permite acceder ás especialidades de: Teoría e Proxecto, e Recursos e Procesos Tecnolóxicos.

Para obtener maior información sobre la titulación, pódese consultar a correspondente guía docente, ou ben acceder na tabla inferior a cada unha das guías particulares das diferentes materias que a integran.

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Prácticas en Empresa Optativo 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo Fin de Máster Obrigatorio 6 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.