Máster Universitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías

2024/2025 · 60 créditos

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

Posto que se trata dun mestrado universitario dirixido á especialización en materia de avaliación e intervención sobre os trastornos da comunicación e a linguaxe, a súa saída profesional ten que ver cos ámbitos en que os titulados poden desenvolver a súa función profesional: centros de atención temperá; centros de saúde públicos ou privados; centros educativos públicos, privados ou concertados; e exercicio privado da profesión ben de forma individual ou ben como parte de equipos interdisciplinares. Os egresados deste mestrado disporán de formación especializada para a intervención nestes contextos, aínda que desde a óptica profesional do grao que cursasen previamente.

Empresas e institucións colaboradoras

Este programa debe conducir a unha especialización e, por tanto, a un aumento da calidade das intervencións nos distintos contextos profesionais en que se pretende dar resposta a dificultades da linguaxe e a comunicación. Ademais, este mestrado vai dirixido a que os titulados poñan en marcha investigacións de calidade que acheguen novo coñecemento no campo dos problemas da linguaxe.

Planificación do ensino

O número total de créditos para obter o título do Mestrado Universitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías será de 60 ECTS, que inclúen a formación teórica e práctica que os estudantes deben adquirir: materias obrigatorias, materias optativas e materias dos dous itinerarios que se ofrecen, seminarios, traballos dirixidos, realización de exames, Traballo de Fin de Mestrado e outras actividades formativas. O mínimo de créditos para matricularse no primeiro e segundo ano, tanto a tempo completo como parcial, será o establecido por cada unha das universidades participantes, tal e como se recolle no punto 1.2 da memoria de verificación do título.

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Prácticas Externas Obrigatorio 9 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo Fin de Máster Obrigatorio 12 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.