O Máster en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social (MIAS) persegue afondar no manexo dos principais métodos e técnicas de recollida de información e análise de datos no ámbito das Ciencias Sociais. A sociedade actual é dinámica, cambiante e incerta, producto de transformacións sociais, educativas, demográficas, económicas, políticas, ou sanitarias, e de grandes cambios tecnolóxicos que están modificando os patróns de relación, interacción e comportamento social, que ata hai pouco eran relativamente estables. A globalización económica, a integración dos mercados, a sociedade da información e internet, entre outros factores, provocaron cambios substanciais en tódolos ámbitos da realidade social, o que aumenta notablemente as necesidades de coñecemento especializado e de ferramentas de análise que permitan coñecer en toda a súa complexidade a realidade social, política e económica que nos rodea. O progresivo aumento de rigor científico e metodolóxico das ciencias sociais, relacionado en gran medida pola extensión das técnicas de análise cuantitativas e cualitativas da realidade social, facilita e mellora os resultados alcanzados na produción de datos e a súa interpretación por estas disciplinas nestas tarefas. En particular cabe destacar que os procesos de análise social están ocupando un espazo esencial no debate público, na configuración de políticas que regulan a nosa vida e na toma de decisións, tanto en organizacións públicas como en empresas privadas.
A comunidade insights Analytics que resulta da integración das dúas asociacións de referencia no sector da investigación de mercados, AEDEMO e ANEIMO, destaca no seu informe "A economía dos datos en 2020: novos retos para o sector da investigación" que o mundo dos datos vive na actualidade un momento de expansión sen precedentes. As novas tecnoloxías da información permitiron a anotación, procesamento e a análise de novos tipos de información que tradicionalmente non eran utilizados. Esta situación está provocando a irrupción de novas compañías especializadas en ámbitos concretos que, sen recoñecerse coa palabra investigación, utilizan os datos para facilitar a toma de decisións empresariais e políticas, xa sexan estas decisións mediadas por unha persoa ou tamén, como veremos máis adiante, decisións automatizadas. Este informe destaca que as capacidades analíticas convertéronse nun requirimento adicional a calquera rol nunha compañía e forma parte cada vez máis dunha competencia profesional no ámbito das ciencias sociais. Desta maneira, será cada vez máis importante contar coas competencias necesarias para a recollida e a análise de datos e a súa interpretación desde unha perspectiva social, da mesma forma en que actualmente se requiren coñecemento de ofimática para traballar en calquera empresa. (https://ia-espana.org/wp-content/uploads/2021/03/La-Economia-de-los-Datos-2020-version-final.pdf)
En resposta e en relación directa con este contexto, xorde en 2022 o máster MIAS: un máster, de carácter técnico e profesionalizante, co que se pretende dotar o alumnado de ferramentas e competencias clave para participar na referida flexibilización, especialización e innovación que exixe o mercado laboral e os retos da sociedade hoxe en día. Os contidos do título estrutúranse nun conxunto de módulos compostos por materias dedicadas ó estudio dos fundamentos e aplicabilidade da investigación social (entendida esta non unicamente como investigación académica, senón como interpretación de resultados de análise de información social), os principais avances no eido das técnicas de recollida de información e as innovacións máis recentes relativas á análise de datos.
Competencias
CP1. Contrasta-la importancia da diversidade metodolóxica existente para a análise da realidade social, política e económica, abordando distintos problemas complexos das sociedades actuais a través de solucións creativas e novidosas.
CP2. Aplica-los procesos e protocolos de captación de información de forma ética necesarios para observar e analizar de forma correcta e respectuosa a realidade social, política e económica, especialmente en contextos de alta vulnerabilidade ou complexidade.
CP3. Elaborar e implementar proxectos de investigación en contornos novos ou pouco coñecidos.
CP4. Desenvolver a capacidade para aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos adquiridos á actividade profesional en contornos interdisciplinares.
CP5. Ser capaz de traballar con fontes de datos, metodoloxías e técnicas de investigación científica e xeramentas informáticas avanzadas propias das ciencias sociais.
CP6. Desenvolver a capacidade de entender en profundidade os fundamentos teóricos e prácticos dos métodos estatísticos, as técnicas multivariantes e as xeramentas de software para a análise avanzada.
CP7. Desenvolver a capacidade de xerar teorías de alcance intermedio e, por tanto, potencialmente aplicables/transferibles á sociedade, interpretando os inputs que xeran as técnicas de análise social.
CP8. Deseñar e executar un proxecto de investigación excepción do uso de Big Data con propósitos científicos, realizando achegas orixinais ó campo de estudio.
CP9. Obter, xestionar e analizar bases de datos masivos empregando as xeramentas informáticas e linguaxes de programación necesarios para iso, especialmente a linguaxe avanzada R.
CP10. Elaborar, presentar e defender de maneira individual un exercicio orixinal de carácter profesional no ámbito da investigación que faga unha contribución significativa ao estado da cuestión no estudo dun problema complexo e/ou á súa resolución práctica.
CP11. Adquirir experiencia na toma de decisións e o traballo en equipo en contextos profesionais interdisciplinares aplicando os resultados da investigación social.
Competencias transversais
O Máster en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social (MIAS) persegue afondar no manexo dos principais métodos e técnicas de recollida de información e análise de datos no ámbito das Ciencias Sociais. A sociedade actual é dinámica, cambiante e incerta, producto de transformacións sociais, educativas, demográficas, económicas, políticas, ou sanitarias, e de grandes cambios tecnolóxicos que están modificando os patróns de relación, interacción e comportamento social, que ata hai pouco eran relativamente estables. A globalización económica, a integración dos mercados, a sociedade da información e internet, entre outros factores, provocaron cambios substanciais en tódolos ámbitos da realidade social, o que aumenta notablemente as necesidades de coñecemento especializado e de ferramentas de análise que permitan coñecer en toda a súa complexidade a realidade social, política e económica que nos rodea. O progresivo aumento de rigor científico e metodolóxico das ciencias sociais, relacionado en gran medida pola extensión das técnicas de análise cuantitativas e cualitativas da realidade social, facilita e mellora os resultados alcanzados na produción de datos e a súa interpretación por estas disciplinas nestas tarefas. En particular cabe destacar que os procesos de análise social están ocupando un espazo esencial no debate público, na configuración de políticas que regulan a nosa vida e na toma de decisións, tanto en organizacións públicas como en empresas privadas.
A comunidade insights Analytics que resulta da integración das dúas asociacións de referencia no sector da investigación de mercados, AEDEMO e ANEIMO, destaca no seu informe "A economía dos datos en 2020: novos retos para o sector da investigación" que o mundo dos datos vive na actualidade un momento de expansión sen precedentes. As novas tecnoloxías da información permitiron a anotación, procesamento e a análise de novos tipos de información que tradicionalmente non eran utilizados. Esta situación está provocando a irrupción de novas compañías especializadas en ámbitos concretos que, sen recoñecerse coa palabra investigación, utilizan os datos para facilitar a toma de decisións empresariais e políticas, xa sexan estas decisións mediadas por unha persoa ou tamén, como veremos máis adiante, decisións automatizadas. Este informe destaca que as capacidades analíticas convertéronse nun requirimento adicional a calquera rol nunha compañía e forma parte cada vez máis dunha competencia profesional no ámbito das ciencias sociais. Desta maneira, será cada vez máis importante contar coas competencias necesarias para a recollida e a análise de datos e a súa interpretación desde unha perspectiva social, da mesma forma en que actualmente se requiren coñecemento de ofimática para traballar en calquera empresa. (https://ia-espana.org/wp-content/uploads/2021/03/La-Economia-de-los-Datos-2020-version-final.pdf)
En resposta e en relación directa con este contexto, xorde en 2022 o máster MIAS: un máster, de carácter técnico e profesionalizante, co que se pretende dotar o alumnado de ferramentas e competencias clave para participar na referida flexibilización, especialización e innovación que exixe o mercado laboral e os retos da sociedade hoxe en día. Os contidos do título estrutúranse nun conxunto de módulos compostos por materias dedicadas ó estudio dos fundamentos e aplicabilidade da investigación social (entendida esta non unicamente como investigación académica, senón como interpretación de resultados de análise de información social), os principais avances no eido das técnicas de recollida de información e as innovacións máis recentes relativas á análise de datos.
Saídas profesionais e académicas
Contorno profesional no que se sitúa
Producción e análise de datos sociais
Saídas profesionais e académicas
O Máster en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise
Social (MIAS) prepara os seus egresados para desempeñar unha ampla
variedade de roles profesionais que requiren habilidades avanzadas en
investigación social, análise de datos e toma de decisións basada en
evidencias. Os titulados están capacitados para traballar en empresas
privadas, onde poden liderar a análise da realidade social, económica e
de mercado para apoiar decisións estratéxicas, así como en consultoría e
investigación social e de mercados, aplicando metodoloxías tanto
cualitativas como cuantitativas, incluíndo o uso de Big Data e a
linguaxe avanzada R. O máster tamén abre as portas ó sector público,
permitindo ós profesionais dedicarse á orientación e elaboración de
políticas nos diferentes niveis das administracións públicas
(autonómico, estatal e internacional). Así mesmo, os egresados están ben
preparados para desempeñarse en entidades sen ánimo de lucro, en
tarefas de avaliación de programas, medición de impacto social e deseño
de intervencións, así como para a investigación académica en
universidades e centros de investigación, incluíndo o acceso a programas
de doutoramento.
A orientación técnica e profesionalizante deste
máster garante que os graduados non só sexan competentes no deseño e
execución de proxectos de investigación rigorosos, senón tamén na
interpretación e visualización de datos complexos para diversos
públicos. Ante a crecente demanda de capacidades analíticas en todos os
sectores, os egresados do MIAS están nunha posición excelente para
ocupar roles emerxentes que combinan a experiencia en ciencias sociais
con xeramentas de vangarda en análise de datos. Xa sexa en pemes ou
grandes empresas, en contornos de toma de decisións automatizada ou
mediada por persoas, ou en equipos interdisciplinares e
transdisciplinares, esta titulación proporciona as competencias
necesarias para aborda-los retos sociais, políticos e económicos máis
complexos da actualidade, contribuíndo ademais ó desenvolvemento
sustenible e á práctica ética da investigación.
Empresas e institucións colaboradoras
O Máster Universitario en Métodos Avanzados de Investigación e
Innovación na Análise Social (MIAS) da Universidade da Coruña, con
modalidade presencial e a distancia, componse de 60 créditos
distribuídos en 7 materias obrigatorias de entre 4,5 e 6 créditos cada
unha e 4 materias optativas de 4,5 créditos ás que se lles suman as
Prácticas Externas e o traballo de fin de máster de carácter
obrigatorio. Estas materias distribúense en catro módulos centrados nos
fundamentos da investigación social, as técnicas e os métodos de
investigación e análise. A formación recibida nestes módulos complétase
cunha estadía regulada nunha empresa, entidade non-gobernamental,
organismo público, centro ou grupo de investigación, institución
administrativa, económica ou profesional. A obtención do máster conclúe
coa elaboración dun traballo de investigación orixinal (TFM) en que se
definirá un problema e se destacarán os elementos de reflexión
metodolóxica que caracterizan o traballo.
Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.
Estrutura do estudo
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
| |
Guía |
Carácter |
Cuadr. |
créditos |
|
Análise Estatística Descritiva e Inferencial
|
|
Optativa |
Primeiro Cuadrimestre |
4,500000000 ECTS |
|
Procesos e Deseños da Investigación Social
|
|
Obrigatoria |
Primeiro Cuadrimestre |
4,500000000 ECTS |
|
Fundamentos da Análise Social en R
|
|
Obrigatoria |
Primeiro Cuadrimestre |
4,500000000 ECTS |
|
Técnicas de Investigación Cualitativas, Prospectivas e Participativas
|
|
Obrigatoria |
Primeiro Cuadrimestre |
6,0 ECTS |
|
Técnicas de Investigación Cuantitativas e Métodos Mixtos
|
|
Obrigatoria |
Primeiro Cuadrimestre |
6,0 ECTS |
|
Innovacións na Análise de Datos Cualitativos
|
|
Obrigatoria |
Primeiro Cuadrimestre |
6,0 ECTS |
|
Análise Estatística Avanzada
|
|
Obrigatoria |
Segundo Cuadrimestre |
6,0 ECTS |
|
Big Data para as Ciencias Sociais
|
|
Obrigatoria |
Segundo Cuadrimestre |
6,0 ECTS |
|
Seminarios de Especialización Aplicada I: Xénero, Poboación e Migracións
|
|
Optativa |
Segundo Cuadrimestre |
4,500000000 ECTS |
|
Seminarios de Especialización Aplicada II: Turismo, Urbanismo e Medio Ambiente
|
|
Optativa |
Segundo Cuadrimestre |
4,500000000 ECTS |
|
Seminarios de Especialización Aplicada III: Economía, Tecnoloxía, Risco e Cambio Socio-Cultural
|
|
Optativa |
Segundo Cuadrimestre |
4,500000000 ECTS |
|
Prácticas Externas
|
|
Prácticas externas |
Segundo Cuadrimestre |
6,0 ECTS |
|
Traballo de Fin de Máster
|
|
Traballo fin de máster |
Segundo Cuadrimestre |
6,0 ECTS |
BOE co plan de estudos (PDF)
Profesorado
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
Análise Estatística Descritiva e Inferencial
Procesos e Deseños da Investigación Social
Fundamentos da Análise Social en R
Técnicas de Investigación Cualitativas, Prospectivas e Participativas
Técnicas de Investigación Cuantitativas e Métodos Mixtos
Innovacións na Análise de Datos Cualitativos
Análise Estatística Avanzada
Big Data para as Ciencias Sociais
Seminarios de Especialización Aplicada I: Xénero, Poboación e Migracións
Seminarios de Especialización Aplicada II: Turismo, Urbanismo e Medio Ambiente
Seminarios de Especialización Aplicada III: Economía, Tecnoloxía, Risco e Cambio Socio-Cultural
Prácticas Externas
Traballo de Fin de Máster
-
Massó Lago, Matilde
-
Docampo García, Manuel
-
Rodríguez Rodríguez, María Del Carmen
-
Cortés Vázquez, José Antonio
-
Golías Pérez, Montserrat
-
Espiñeira González, Keina Raquel
-
León Medina, Francisco José
-
Otero Enríquez, Raimundo
-
Calo García, Estefanía
-
Ferrín Pereira, Mónica
-
Rodríguez Teijeiro, Ariadna
-
Diz Reboredo, Carlos
-
Santiago Gómez, Elvira
-
Domínguez Rodríguez, Antía
-
Gómez Rodríguez, Sergio
Accións para a mobilidade do estudantado
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.