Máster Universitario en Visión por Computador

2023/2024 · 90 créditos

Que se aprende

Este máster foi deseñado a partir da experiencia investigadora e de transferencia tecnolóxica de catro Universidades de Galicia e do Norte de Portugal, para ofrecer un título de máster cun programa actualizado de técnicas e fundamentos dun campo interdisciplinario en expansión como é a visión por computador.

O título aborda a necesidade de formar persoal cualificado nun campo que está a ser fundamental no mantemento do impulso innovador en ámbitos tan variados como os de industria, saúde, seguridade viaria, control biométrico e videovixilancia, fotogrametría, control de colleitas e territorio, e en xeral de multitude de aplicacións en todos os ámbitos de produción e de lecer onde a imaxe xogue un papel relevante. Co crecemento exponencial do volume de imaxes dixitais e vídeos capturados por cámaras, a comprensión automática do noso mundo visual nunca foi máis importante.

Competencias xenéricas

  • Capacidade de análise e síntese de coñecementos
  • Capacidade para analizar as necesidades dunha empresa no ámbito da visión por computador e determinar a mellor solución tecnolóxica para a mesma
  • Capacidade para desenvolver sistemas de visión por computador dependendo das necesidades existentes e aplicar as ferramentas tecnolóxicas máis axeitadas
  • Capacidade de análise crítica e de avaliación rigorosa de tecnoloxías e metodoloxía
  • Capacidade para identificar problemas sen resolver e achegar solucións innovadoras
  • Capacidade para identificar resultados teóricos ou novas tecnoloxías con potencial innovador e convertelos en produtos e servizos de utilidade para a sociedade
  • Capacidade de aprendizaxe autónoma para a especialización nun ou máis campos de estudo

Competencias específicas

  • Coñecer e aplicar os conceptos, metodoloxías e tecnoloxías de procesado de imaxe
  • Coñecer e aplicar técnicas de aprendizaxe automática e recoñecemento de patróns aplicadas a visión por computador
  • Coñecer e aplicar os conceptos, metodoloxías e tecnoloxías de análises de imaxe e vídeo
  • Concibir, desenvolver e avaliar sistemas complexos de visión por computador
  • Analizar e aplicar métodos do estado da técnica en visión por computador
  • Coñecer e aplicar os fundamentos dos sistemas de adquisición de imaxe e de visión artificial
  • Coñecer e aplicar os fundamentos da adquisición de imaxe médica e o seu procesamento e análise
  • Comunicar e diseminar os resultados e conclusións da investigación
  • Coñecer e aplicar os conceptos, metodoloxías e tecnoloxías para o recoñecemento de patróns visuais en escenas reais

Competencias transversais

  • Exercer a profesión con conciencia clara da súa dimensión humana, económica, legal e ética e cun claro compromiso de calidade e mellora continua
  • Capacidade de traballo en equipo, organización e planificación
  • Desenvolvemento do espírito innovador e emprendedor
  • Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria
  • Incorporar no exercicio profesional criterios de sustentabilidade e compromiso ambiental. Adquirir habilidades no uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos

Saídas profesionais e académicas

Este máster, de perfil académico, con enfoque práctico e aplicado (potenciado cun TFM de 30 ECTS), proporciona habilidades e experiencia que permiten aplicar coñecementos de forma inmediata. A formación obtida capacita profesionais con habilidades de xerar beneficio inmediato para a industria, ou o emprendemento, así como investigadoras que pretendan iniciar estudos de doutoramento nun campo científico en crecemento.

Ao completar a formación espérase que os estudantes sexan competentes en:

  • Lectura e comprensión de publicacións de investigación actuais sobre técnicas de visión por computador
  • Uso de ferramentas fundamentais utilizadas comunmente para desenvolver aplicacións de visión por computador
  • Implementación de aplicacións de visión por computador baseadas en algoritmos de última xeración
  • Levar a cabo análises experimentais e probas consistentes coa práctica actual en visión por computador, incluídas as métricas estándar e os conxuntos de datos de referencia
  • Aplicación de ferramentas matemáticas e de aprendizaxe automática, como xeometría, optimización e estatísticas a aplicacións de visión por computador

Saídas profesionais e académicas

Os perfís de saída deste máster, pódese resumir nos seguintes:

  • Emprendedores que con formación visión por computador capacitados para iniciar as súas propias empresas tecnolóxicas no sector
  • Persoal técnico de empresas tecnolóxicas e centros tecnolóxicos e de investigación, con ampla especialización en visión por computador e aplicacións afíns
  • Saídas laborais da formación previa en Matemáticas, Física ou Enxeñería do estudante, contando cun maior nivel de especialización antes da incorporación ao mercado laboral
  • Estudantes pre-doutorais que van realizar a súa tese en áreas relacionadas coa visión por computador

Empresas e institucións colaboradoras

O máster conta coa colaboración de multitude de centros tecnolóxicos e de investigación, así como empresas tecnolóxicas, con intereses de innovación tecnolóxica ou de aplicación das tecnoloxías abordadas no máster.

Aquí pódese consultar unha lista actualizada de colaboradores.

Planificación do ensino

Estrutura do estudo

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Descrición e Modelaxe de Imaxe Obrigatorio 6 ECTS
Recoñecemento Visual Obrigatorio 6 ECTS
Recoñecemento de Accións Humanas Optativo 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Instrumentación e Procesamento para Aplicacións Biomédicas Obrigatorio 6 ECTS
Análise de Imaxes Biomédicas Optativo 6 ECTS
Biometría Optativo 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Prácticas Externas Obrigatorio 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo Fin de Máster Obrigatorio 30 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.