Máster Universitario en Edificación Sostible

2024/2025 · 60 créditos

Que se aprende

O Mestrado responde ao obxectivo fundamental de cubrir a necesidade de formar profesionais da Edificación especializados para conseguir os obxectivos de converxencia prantexados na Directiva 2012/27/UE para o crecemento sustentable no horizonte 2020 e recollidos no Plan de Acción de Ahorro y Eficiencia Energética del Estado Español para el horizonte 2011-2020. Para isto proponse, con argumentos, estratexias e instrumentos, a necesaria reconversión do sector da edificación para facer fronte ao reto de la sustentabilidade, formando a os profesionais para que, desenvolvendo as competencias necesarias podan liderar este profundo cambio sectorial.

Competencias completas do estudo

Competencias xenéricas

  • Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, nun contexto de investigación ou profesional.
  • Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos ou multidisciplinares, relacionados coa área de estudo da sustentabilidade e eficiencia enerxética.
  • Integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir de unha información que inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  • Comunicar conclusións e coñecementos a públicos especializados e non especializados de un modo claro e sinxelo.

Competencias específicas

  • Deseñar sistemas construtivos eficientes e sustentables, mediante a aplicación de solucións técnicas e sistemas construtivos tradicionais ou avanzados.
  • Coñecer e aplicar as solucións tecnolóxicas necesarias para mellorar o comportamento térmico da envolvente de un edificio.
  • Coñecer os fundamentos e principios xerais da avaliación e a certificación da sustentabilidade na edificación.
  • Coñecer e aplicar ao proceso edificatorio os Sistemas de Información Geográfica (SIG) e as contornas integradas BIM (Building Information Modeling).
  • Analizar o ciclo de vida dos edificios, avaliar o seu impacto medioambiental e propoñer medidas de mellora.
  • Coñecer e aplicar estratexias construtivas propias da arquitectura pasiva e bioclimática.
  • Adquirir un coñecemento global dos procesos e tecnoloxías de captura, xestión e visualización de información en edificación.
  • Coñecer os procedementos e sistemas avanzados de rexistro, análise e documentación xeométrica utilizados na intervención en edificios construídos.
  • Coñecer as tecnoloxías y ferramentas básicas para a implementación e xestión de unha smart city.
  • Coñecer os fundamentos, potencial, tecnoloxía, aplicacións, características de equipos e normativa das fontes de enerxía renovable utilizadas no edificio.

Saídas profesionais e académicas

O Mestrado Universitario de Edificación Sustentable ofrece dúas saídas: profesional e investigación.

Investigación

Abrirá a posibilidade de crear grupose centros de investigación, ligados á xeración de teses de doutoramento, permitindo dar comezo á carreira investigadora, dirixíndoa cara ol doutoramento en materias relacionadas coa edificación sustentable, de máxima actualidade.

Profesional

O Plan de estudos inclúe 3 especialidades:.

  • Certificación da sustentabilidade na edificación
  • Certificación da verificación estrutural
  • Auditoría e certificación enerxética na edificación

    Os itinerarios creados para cada unha das especialidades constitúen unha auténtica intensificación en competencias orientadas a diferentes perfís profesionais demandados para o sector da edificación para a solución dos problemas e o alcance dos obxectivos marcados polol crecemento sustentable no marco do Horizonte 2020: técnico certificador da sustentabilidade na edificación; técnico certificador da eficiencia enerxética/auditor enerxético; técnico en verificación estrutural na edificación; técnico certificador acústico e ambiental IAQ.

Planificación do ensino

O Plan de Estudos consta de 14 materias obrigatorias de 3 créditos cada unha, un Traballo Fin de Mestrado obrigatorio de 6 créditos, e unha oferta de 12 materias optativas de 3 créditos cada unha, entre as cales o estudante poderá confeccionar o seu propio currículo mediante a libre elección de 4 desas materias para completar os 60 ECTS necesarios para a obtención do título.

Para a obtención do título, os alumnos deberán superar 60 ECTS. Os 60 ECTS computaranse mediante a superación de 54 créditos ECTS no conxunto das materias obrigatorias e optativas ( 42 obrigatorios e 12 optativos), máis os 6 créditos do Traballo de Fin de Mestrado.

O Traballo de Fin de Mestrado está complementado coa materia obrigatoria de 3 ECTS "Introdución ao TFM: metodoloxía e planificación da investigación''. O seu propósito é dar unha formación en competencias transversais axeitadas para a elaboración dos Traballos de Fin de Mestrado e a introdución á comunicación científica e a xestión de proxectos de investigación ou transferencia tecnolóxica. Desta forma respóndese aos obxectivos de integrar o interese profesional co prantexamento de liñas de I+D+I e transferencia tecnolóxica.

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo Fin de Máster Obrigatorio 6 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.