Máster Universitario en Arquitectura

2023/2024 · 60 créditos

Que se aprende

O obxectivo é formar Arquitectos que:

1. Teñan aptitude para proxectar, redactar proxectos de construción e, dunha maneira máis xeral, investigar, crear e xestionar procesos complexos.

2. Coñezan a historia e as teorías da arquitectura, ben como as artes, a tecnoloxía e as ciencias humanas relacionadas co habitar.

3. Coñezan o urbanismo e as súas técnicas de planificación.

4. Comprendan as relacións entre as persoas e os edificios e o seu contorno.

5. Resolvan os problemas da concepción estrutural, da construción e das distintas tecnoloxías vinculadas cos edificios de xeito que se dote a estes de condicións de comodidade e protección climática.

6. Saiban satisfacer os requisitos dos usuarios dos edificios en función dos factores orzamentarios, a normativa e as capacidades da industria da construción.

Competencias completas do estudo

Competencias xenéricas

Podes consultalas na memoria da titulación

Competencias específicas

Podes consultalas na memoria da titulación

Competencias transversais

Podes consultalas na memoria da titulación

Saídas profesionais e académicas

  • Exercicio profesional liberal, como asalariado ou na función pública
  • Redacción de proxectos e dirección de obra en edificación e urbanismo
  • Xestión empresarial, de solo e de edificación
  • Docencia
  • Desenvolvementos informáticos
  • Investigación
  • Acción cultural
  • Cooperación ao desenvolvemento

Planificación do ensino

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Proxecto de Construción Obrigatorio anual 6 ECTS
Proxecto de Estruturas Obrigatorio anual 6 ECTS
Proxecto de Instalacións Obrigatorio anual 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Crítica Arquitectónica Obrigatorio anual 3 ECTS
Proxectos Avanzados Obrigatorio anual 9 ECTS
Instrumentos de Intervención Urbanística Obrigatorio anual 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo Fin de Máster Obrigatorio 30 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.