O obxectivo é formar Arquitectos que:
1. Teñan aptitude para proxectar, redactar proxectos de construción e, dunha maneira máis xeral, investigar, crear e xestionar procesos complexos.
2. Coñezan a historia e as teorías da arquitectura, ben como as artes, a tecnoloxía e as ciencias humanas relacionadas co habitar.
3. Coñezan o urbanismo e as súas técnicas de planificación.
4. Comprendan as relacións entre as persoas e os edificios e o seu contorno.
5. Resolvan os problemas da concepción estrutural, da construción e das distintas tecnoloxías vinculadas cos edificios de xeito que se dote a estes de condicións de comodidade e protección climática.
6. Saiban satisfacer os requisitos dos usuarios dos edificios en función dos factores orzamentarios, a normativa e as capacidades da industria da construción.
Podes consultalas na memoria da titulación
Podes consultalas na memoria da titulación
Podes consultalas na memoria da titulación
Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Proxecto de Construción | Obrigatorio | anual | 6 ECTS | |
Proxecto de Estruturas | Obrigatorio | anual | 6 ECTS | |
Proxecto de Instalacións | Obrigatorio | anual | 3 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Crítica Arquitectónica | Obrigatorio | anual | 3 ECTS | |
Proxectos Avanzados | Obrigatorio | anual | 9 ECTS | |
Instrumentos de Intervención Urbanística | Obrigatorio | anual | 3 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Traballo Fin de Máster | Obrigatorio | 2º | 30 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.