Os alumnos que cursan o Máster Universitario en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos caracterízanse por recibir unha formación intensa e variada nos eidos de física e matemáticas que lles permiten desenvolver estes coñecementos nas múltiples áreas de actuación da Enxeñería Civil así como en outras moitas áreas afins e non tan afíns. No tocante áos eidos da enxeñería civil cabe destacar os amplos coñecementos adquiridos sobre hidráulica e hidroloxía e xestión dos recursos hídricos, a xestión ambiental e a sustentabilidade, a enxeñería sanitaria e ambiental, a xestión da costa e do litoral así como dos portos, a enxeñería do terreo, a mobilidade, os servicios de transporte públicos: autobus, ferrocarril, AVE, a ordenación do territorio e o urbanismo, o uso de sistemas de información xeográfica, a loxística e o movemento de mercadorías, a xeración de enerxía, o aproveitamento de fontes renovables de enerxía, o proxecto de infraestruturas, o deseño e o cálculo de estruturas, a ciencia e enxeñería de materiais, a construción de infraestruturas, a consultoría técnica e o asesoramento, entre outros moitos. E todo isto desde unha perspectiva actual e moderna, apoiada no uso das máis novedosas ferramentas tecnolóxicas disponibles: TIC, ferramentas docentes, ferramentas específicas de enxeñería, etc. e apoiadas na investigación e o desenvolvemento. No tocante a eidos afíns adquírense capacidades de organización e xestión de equipos, de análises de datos, de realización de modelos, de xestión de empresas, etc. que lles permiten desenvolverse profesionalmente en banca, inversións, consultoría, etc.
Os alumnos que cursan o Máster Universitario en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos continuan con estes estudos, normalmente, unha vez rematado o Grao en Tecnoloxía da Enxeñería Civil ; para o que este grao foi específicamente deseñado. Así, os eidos de desenvolvemento deste Máster fan referencia á formación conxunta (grao e máster) que reciben os estudantes para conseguir a titulación profesional de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos.
Así, unha vez rematado o grao e o Máster poderán desenvolverse profesionalmente en:
en eidos como:
entre outros eidos relacionados coa enxeñería como a aeronáutica, a medicina, etc...
http://caminos.udc.es/docencia/archivos/planes_estudio/master_iccp/TripticoMasterICCP.pdf
Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Cálculo Avanzado en Enxeñaría | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Mecánica de Medios Continuos | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Mecánica Computacional | Obrigatorio | 1º | 4,5 ECTS | |
Cálculo Numérico | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Estruturas III | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Portos e Costas | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Obras Hidráulicas e Hidroloxía | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Ordenación do Territorio e Urbanismo | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Estruturas de Formigón | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Ampliación de Enxeñaría do Terreo | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Enxeñaría do Transporte | Obrigatorio | 2º | 4,5 ECTS | |
Pontes I | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Enxeñaría Sanitaria | Obrigatorio | 2º | 4,5 ECTS | |
Edificación. Rehabilitación de Estruturas | Obrigatorio | 2º | 4,5 ECTS | |
Explotación de Estradas | Obrigatorio | 2º | 4,5 ECTS | |
Dirección de Empresas | Obrigatorio | 2º | 4,5 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Traballo Fin de Máster | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Estancia en Prácticas | Optativo | 1º | 4,5 ECTS | |
Proxecto Técnico | Optativo | 2º | 4,5 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Pontes II | Optativo | 1º | 4,5 ECTS | |
Cálculo Dinámico de Estruturas | Optativo | 1º | 4,5 ECTS | |
Análise Experimental e Monitorización de Estruturas | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Materiais Avanzados | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Deseño Óptimo de Estruturas | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Cálculo Sísmico e Aeroelástico de Estruturas | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Deseño Asistido e Visualización | Optativo | 2º | 4,5 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Mecánica de Rochas | Optativo | 1º | 4,5 ECTS | |
Dirección e Explotación de Portos | Optativo | 1º | 4,5 ECTS | |
Proxecto de Actuacións Fluviais | Optativo | 1º | 4,5 ECTS | |
Xestión Avanzada do Saneamento | Optativo | 1º | 4,5 ECTS | |
Túneles e Obras Subterráneas | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Enxeñaría da Enerxía | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Cimentacións Especiais | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Enxeñaría Portuaria | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Proxecto de Obras Hidráulicas | Optativo | 2º | 4,5 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Planificación do Transporte | Optativo | 1º | 4,5 ECTS | |
Paisaxe na Enxeñaría | Optativo | 1º | 4,5 ECTS | |
Sistemas de Representación do Territorio | Optativo | 1º | 4,5 ECTS | |
Enxeñaría dos Servizos Urbanos | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Infraestrutura de Estradas e Aeroportos | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Explotación de Sistemas de Transporte | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Loxística | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Urbanismo II | Optativo | 2º | 4,5 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.