Máster Universitario en Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos

2023/2024 · 120 créditos

Que se aprende

Os alumnos que cursan o Máster Universitario en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos caracterízanse por recibir unha formación intensa e variada nos eidos de física e matemáticas que lles permiten desenvolver estes coñecementos nas múltiples áreas de actuación da Enxeñería Civil así como en outras moitas áreas afins e non tan afíns. No tocante áos eidos da enxeñería civil cabe destacar os amplos coñecementos adquiridos sobre hidráulica e hidroloxía e xestión dos recursos hídricos, a xestión ambiental e a sustentabilidade, a enxeñería sanitaria e ambiental, a xestión da costa e do litoral así como dos portos, a enxeñería do terreo, a mobilidade, os servicios de transporte públicos: autobus, ferrocarril, AVE, a ordenación do territorio e o urbanismo, o uso de sistemas de información xeográfica, a loxística e o movemento de mercadorías, a xeración de enerxía, o aproveitamento de fontes renovables de enerxía, o proxecto de infraestruturas, o deseño e o cálculo de estruturas, a ciencia e enxeñería de materiais, a construción de infraestruturas, a consultoría técnica e o asesoramento, entre outros moitos. E todo isto desde unha perspectiva actual e moderna, apoiada no uso das máis novedosas ferramentas tecnolóxicas disponibles: TIC, ferramentas docentes, ferramentas específicas de enxeñería, etc. e apoiadas na investigación e o desenvolvemento. No tocante a eidos afíns adquírense capacidades de organización e xestión de equipos, de análises de datos, de realización de modelos, de xestión de empresas, etc. que lles permiten desenvolverse profesionalmente en banca, inversións, consultoría, etc.

Saídas profesionais e académicas

Os alumnos que cursan o Máster Universitario en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos continuan con estes estudos, normalmente, unha vez rematado o Grao en Tecnoloxía da Enxeñería Civil ; para o que este grao foi específicamente deseñado. Así, os eidos de desenvolvemento deste Máster fan referencia á formación conxunta (grao e máster) que reciben os estudantes para conseguir a titulación profesional de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos.

Saídas profesionais e académicas

Así, unha vez rematado o grao e o Máster poderán desenvolverse profesionalmente en:

  • Deseño e elaboración de proxectos de Enxeñería
  • Planificación, execución e construción en Enxeñería
  • Xestión e dirección de empresas e institucións
  • Planificación e estratexia
  • Asesoramento técnico e científico
  • Consultoría avanzada
  • Mantemento e explotación de infraestruturas
  • Exercicio libre da profesión de Enxeñeiro de Camiños, C. e P.
  • Función pública (administración e enxeñería)
  • Modelización matemática e simulación avanzada
  • Investigación, desenvolvemento e innovación

en eidos como:

  • Os proxectos de Enxeñería Civil
  • A construción
  • A enerxía (infraestruturas, xeración, produción, distribución,...)
  • As estruturas (pontes, viadutos, pasarelas, muros, naves industriais, instalacións deportivas...)
  • A Enxeñería do Terreo (túneles, obras subterráneas, cimentacións,...)
  • A hidráulica e a hidroloxía (ríos, rías, canais, redes de distribución, cuncas hidrográficas, augas subterráneas,...)
  • A enxeñería sanitaria e ambiental (abastecemento, saneamento, estacións depuradoras,...)
  • Os portos e as actuacións costeiras (portos, portos deportivos, diques e espigóns, rexeneración de praias,...)
  • A loxística e o transporte (mercadorías, persoas, distribución, organización do transporte,...)
  • As estradas, os ferrocarrís e os aeroportos (estradas e autopistas, AVE, aeroportos,...)
  • O urbanismo e a ordenación do territorio (plans xerais de ordenación, ordenación do territorio, …)
  • A edificación

entre outros eidos relacionados coa enxeñería como a aeronáutica, a medicina, etc...

Planificación do ensino

http://caminos.udc.es/docencia/archivos/planes_estudio/master_iccp/TripticoMasterICCP.pdf

Estrutura do estudo

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Cálculo Avanzado en Enxeñaría Obrigatorio 6 ECTS
Mecánica de Medios Continuos Obrigatorio 6 ECTS
Mecánica Computacional Obrigatorio 4,5 ECTS
Cálculo Numérico Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Estruturas III Obrigatorio 6 ECTS
Portos e Costas Obrigatorio 6 ECTS
Obras Hidráulicas e Hidroloxía Obrigatorio 6 ECTS
Ordenación do Territorio e Urbanismo Obrigatorio 6 ECTS
Estruturas de Formigón Obrigatorio 6 ECTS
Ampliación de Enxeñaría do Terreo Obrigatorio 6 ECTS
Enxeñaría do Transporte Obrigatorio 4,5 ECTS
Pontes I Obrigatorio 6 ECTS
Enxeñaría Sanitaria Obrigatorio 4,5 ECTS
Edificación. Rehabilitación de Estruturas Obrigatorio 4,5 ECTS
Explotación de Estradas Obrigatorio 4,5 ECTS
Dirección de Empresas Obrigatorio 4,5 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo Fin de Máster Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Estancia en Prácticas Optativo 4,5 ECTS
Proxecto Técnico Optativo 4,5 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Pontes II Optativo 4,5 ECTS
Cálculo Dinámico de Estruturas Optativo 4,5 ECTS
Análise Experimental e Monitorización de Estruturas Optativo 4,5 ECTS
Materiais Avanzados Optativo 4,5 ECTS
Deseño Óptimo de Estruturas Optativo 4,5 ECTS
Cálculo Sísmico e Aeroelástico de Estruturas Optativo 4,5 ECTS
Deseño Asistido e Visualización Optativo 4,5 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Mecánica de Rochas Optativo 4,5 ECTS
Dirección e Explotación de Portos Optativo 4,5 ECTS
Proxecto de Actuacións Fluviais Optativo 4,5 ECTS
Xestión Avanzada do Saneamento Optativo 4,5 ECTS
Túneles e Obras Subterráneas Optativo 4,5 ECTS
Enxeñaría da Enerxía Optativo 4,5 ECTS
Cimentacións Especiais Optativo 4,5 ECTS
Enxeñaría Portuaria Optativo 4,5 ECTS
Proxecto de Obras Hidráulicas Optativo 4,5 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Planificación do Transporte Optativo 4,5 ECTS
Paisaxe na Enxeñaría Optativo 4,5 ECTS
Sistemas de Representación do Territorio Optativo 4,5 ECTS
Enxeñaría dos Servizos Urbanos Optativo 4,5 ECTS
Infraestrutura de Estradas e Aeroportos Optativo 4,5 ECTS
Explotación de Sistemas de Transporte Optativo 4,5 ECTS
Loxística Optativo 4,5 ECTS
Urbanismo II Optativo 4,5 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.