O MBA ten como obxectivo desenvolver no estudantado un conxunto de competencias básicas a partir das que se detallan competencias xerais e específicas:
Formaremos profesionais da xestión empresarial que terán que desenvolver a súa profesión en contornos caracterizados pola súa complexidade e dinamismo. Neste sentido, combinarase unha robusta formación nos eidos clásicos da xestión (comercial, produción, organización, finanzas, loxística, sistemas de información etc.) cunha orientación práctica que fai do curso unha opción atractiva para o estudantado que desexe orientar a súa vida profesional pola empresa.
Este mestrado universitario dá acceso ao programa de doutoramento que se imparte na Facultade de Economía e Empresa.
Alén disto, os titulados do MBA estarán capacitados para ocupar postos directivos en empresas e organizacións na xestión das distintas áreas funcionais, así como para desenvolver iniciativas na creación de empresas.
Existen convenios con diferentes empresas para a realización de prácticas curriculares.
Un dos alicerces fundamentais do MBA consiste na colaboración constante con empresas, institucións empresariais e directivos profesionais. A formación está totalmente dirixida á práctica e proba diso é a metodoloxía docente aplicada baseada en formadores profesionais responsables de dirixiren os casos propostos ao alumnado. O obxectivo básico é que o MBA chegue a ser un paso intermedio entre a formación académica e a empresa. Para isto, téntanse establecer as vías de colaboración que posibiliten tanto o acceso ao mercado laboral, como o cambio de dirección no devandito mercado.
Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Talleres de Directivos | Obrigatorio | anual | 6 ECTS | |
Xestión Estratéxica mediante Simulación Empresarial | Obrigatorio | anual | 6 ECTS | |
Dereito de Empresa | Obrigatorio | 1º | 3 ECTS | |
Dirección de Márketing | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Dirección de Recursos Humanos | Obrigatorio | 1º | 3 ECTS | |
Dirección Financeira | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Dirección Xeral | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Prácticas en Empresas | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Análise do Contorno | Obrigatorio | 2º | 3 ECTS | |
Xestión da Empresa Familiar | Obrigatorio | 2º | 3 ECTS | |
Sistemas de Información. Xestión das TIC | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Traballo Fin de Máster | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.