Permite o acceso ao programa de doutoramento da Facultade de Economía e Empresa.
As principais saídas profesionais son:
No sector privado: auditor de contas; auditor interno; responsable da contabilidade de empresas de todos os sectores de actividade; controller; director financeiro de entidades lucrativas e non lucrativas.
No sector público: interventor-auditor de contas do Estado ou de comunidade autónoma; inspector de Facenda, inspector do Banco de España; inverventor da Administración local; doutoramento en Contabilidade e Auditoría de Contas.
Convenio co Colexio de Economistas da Coruña
Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Fundamentos de Auditoría | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Procedimentos de Auditoría | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Informes de Auditoría | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Contabilidade Superior I | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Contabilidade Superior II | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Prácticas en Empresas | Obrigatorio | anual | 6 ECTS | |
Normas Internacionais de Información Financeira | Obrigatorio | 1º | 3 ECTS | |
Contabilidade Sectorial | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Tecnoloxías de Comunicación e Sistemas Informáticos para a Contabilidade e a Auditoría | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Seminarios de Actualización Contable | Obrigatorio | 2º | 3 ECTS | |
Prácticas en Empresas I Con restriccións | Obrigatorio | 2º | 3 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Traballo Fin de Máster | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Principios de Microeconomía | Obrigatorio | anual | 6 ECTS | |
Estatística I | Obrigatorio | anual | 6 ECTS | |
Análise das Operacións Financeiras | Obrigatorio | anual | 6 ECTS | |
Dereito do Traballo e da Seguridade Social | Obrigatorio | anual | 6 ECTS | |
Contabilidade de Sociedades | Obrigatorio | anual | 6 ECTS | |
Dereito da Empresa | Obrigatorio | anual | 6 ECTS | |
Facenda Pública Española. Sistema Fiscal | Obrigatorio | anual | 6 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.