Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte

2024/2025 · 240 créditos

Acceso e admisión

Nos prazos de matrícula establecidos poderán formalizar a súa matrícula os alumnos e alumnas que inicien os estudos de grao en calquera das titulacións da Universidade da Coruña e que cumpriren as condicións de acceso ou reuniren os requisitos de admisión establecidos no Real Decreto 412/2014 de 6 de xuño e na Normativa de xestión académica da Univesidade.

Aqueles alumnos e alumnas que pretendan iniciar os estudos de primeiro curso de grao deberán estar admitidos/as para formalizar a matrícula nas sucesivas resolucións da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG).

 

Perfil recomendado

As persoas que mellor poderán seguir a formación son aquelas que reúnan o interese suficiente polas actividades físico-deportivas como prácticas ao servizo da cidadanía, tanto para o seu desenvolvemento evolutivo harmónico e integral (educación física), como nos seus aspectos de promoción da calidade de vida social, individual e saudable (deporte, recreación, actividade física saudable). Serán persoas con gran dedicación á súa formación, ás que se lles esixirá a participación presencial en todas as actividades así determinadas. O exercicio profesional dos titulados realízase a través da profesión troncal de "profesor de educación física", profesión de "interese público" (sentenza do Tribunal Constitucional), polo tanto existe unha clara necesidade de motivación persoal polo servizo público a través do exercicio da profesión. A capacidade de esforzo na autoformación consciente definirá o aproveitamento do grao, con respecto á adquisición de coñecementos avanzados en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, cunha comprensión crítica de teorías e principios. As destrezas avanzadas que acrediten o dominio e os dotes de innovación necesarios para resolver problemas complexos e imprevisibles nos ámbitos e sectores de traballo e estudo da actividade física e do deporte. As competencias para a xestión de actividades ou proxectos técnicos ou profesionais complexos, asumindo responsabilidades pola toma de decisións no traballo ou estudo da educación física, do deporte, das actividades físicas saudables, e da dirección e xestión de entidades, centros e acontecementos deportivos. Asunción de responsabilidades no que respecta á xestión do desenvolvemento profesional de particulares e grupos.

Requisitos de acceso comúns

Poderán acceder aos estudos universitarios oficias de grao as persoas que reúnan algún dos requisitos establecidos no artículo 3 do Real decreto 412/2014 de 6 de xuño:

De non obter o recoñecemento, deberá incorporarse ao proceso xeral de admisión

As ABAU están organizadas para todo o sistema universitario galego por unha comisión mixta entre a Xunta de Galicia e as tres universidades galegas, a Comisión Interuniversitaria Galega, CIUG

A matrícula das ABAU faise a través da aplicación informática NERTA e, nos casos que proceda, nos lugares de entrega e recollida de documentos LERD, en calquera dos sete campus de Galicia

Solicitude e admisión

Proceso xeral de admisión: o alumnado que pretenda iniciar os estudos de primeiro curso de Grao, deberá realizar a preinscrición previa seguindo o procedemento e prazos establecidos pola CIUG, a través da aplicación informática NERTA

Cada alumno/a formalizará unha única solicitude de preinscrición na que indicará por orde de preferencia ata un máximo de cinco titulacións diferentes, podendo chegar ata un máximo de dez, no caso de titulacións iguais impartidas en diferentes centros universitarios e, nos casos que proceda, nos lugares de entrega e recollida de documentos LERD, en calquera dos sete campus de Galicia.

A CIUG publicará sucesivas resolucións de convocatoria a matrícula. A relación do alumnado convocado en cada prazo pode consultarse na aplicación informática NERTA. É un procedemento moi áxil con prazos curtos de matrícula.

O alumnado convocado a formalizar a matrícula, na titulación da súa preferencia da Universidade da Coruña, deberá facelo no prazo establecido pola resolución da CIUG, na web da UDC.

Criterios e procedementos de admisión

A CIUG é a responsable de publicar os criterios e procedementos de admisión nas titulacións de grao do Sistema Universitario Galego, para cada curso académico, na súa páxina web.

Segundo o Real decreto 1393/2007, o acceso ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte da UDC poderase realizar de se cumpriren as seguintes características:

1. Estar en posesión do título de bacharelato ou equivalente, e a superación da proba a que se refire o artigo 42 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, modificada pola Lei 4/2007, de 12 de abril, sen prexuízo dos demais mecanismos de acceso previstos pola normativa vixente.

2. Superar (APTO) as PROBAS de INGRESO ESPECÍFICAS, que se convocaran por resolución reitoral cada curso.

Para obter máis información pode consultar Probas específicas de acceso.

Prazos

Alumnado de primeiro curso de grao: segundo o calendario establecido pola CIUG

Alumnado que continúe os seus estudos de grao: publicarase na web da UDC

bolsas e axudas

Existe un sistema de bolsas para o estudantado que o precise. Os distintos criterios e prazos dependen do tipo de bolsa e o organismo que as convoca (propias, autonómicas e estatáis). Podes consultalas nos seguintes enlaces:

Evolución das notas de acceso ao estudo

Nesta gráfica pode comprobar cales foron a nota de acceso máis baixa, media e máis alta nas PAAU do alumnado que accederon ao estudo o longo dos anos.