Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.
Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.
A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.
5 prazas ofertadas no curso 2025/2026
O Programa ten unha orientación totalmente multidisciplinar e interdisciplinar. Por iso, existen diversos perfís recomendados. Dado que no programa abarca todo o amplo ámbito da protección do patrimonio cultural admítense perfís que van desde o ámbito das Artes e Humanidades (Historia, Historia da arte, Arqueoloxía, Humanidades, Restauración, etc.), Ciencias (Física, Química, Xeoloxía, Bioloxía, Paleontoloxía, etc.) e Enxeñería e Arquitectura (Arquitectos, Enxeñeiros Civís, etc.).
Para establecer unha relación de admitidos no Programa teranse en conta as seguintes particularidades nos perfís dos candidatos:
A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.
Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.
Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.
Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.
A solicitude de admisión realizarase a través da Secretaría Virtual do estudante e a documentación xustificativa entregarase na UADI da Facultade de Ciencias da UDC.
De acordo cos criterios de selección establecidos no Programa (https://patrimonio.webs.uvigo.es/es/acceso-y-admision/) a CAPD publicará as listas provisionais e definitiva do alumnado admitido no Programa. Estas listas publicaranse na páxina web do programa de doutoramento no portal de estudos da UDC.
As reclamacións á lista provisional dirixiranse á UADI da Facultade de Ciencias.
A solicitude de matrícula a tempo parcial, ou cambio de modalidade de matrícula e a baixa temporal no programa deberá presentarse na UADI do centro.
A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.
Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc.
Consulta as axudas predoutorais na UDC.
Podes consultar a normativa relacionada cos estudos de doutoramento na UDC.
Outros documentos de interese son: