Programa Oficial de Doutoramento en Protección do Patrimonio Cultural

2024/2025

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.

5 prazas ofertadas no curso 2024/2025

Perfil de admisión recomendado

O perfil de ingreso a este programa de doutoramento está orientado cara a titulados/as de calquera área de coñecemento con interese na Protección do Patrimonio Cultural desde unha perspectiva interdisciplinar.
Non só se combinan coñecementos de diferentes campos, senón que tamén se busca a interacción e o cruzamento de enfoques para desenvolver novas perspectivas, metodoloxías ou solucións conxuntas. Dada a diversidade das súas liñas de investigación, poderán ser admitidos/as estudantes de calquera disciplina que cumpran cos requisitos de acceso, ben que se dará prioridade a aquees/as con formación no ámbito Humanístico (Historia, Historia da Arte, Xeografía (Licenciatura), Xeografía e Ordenación do Territorio (Grao), Xeografía e Historia (Licenciatura e Grao), Arqueoloxía, Belas Artes, Conservación e Restauración, Filosofía); Xurídico-Social (Dereito, Economía, Antropoloxía, Pedagoxía); Científico (Xeoloxía, Química, Bioloxía, Farmacia, Física); e Tecnolóxico (Enxeñarías -todas as ramas-, Arquitectura).

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

As persoas que desexen matricularse neste Programa de Doutoramento presentarán a súa solicitude na forma en que determinen as normas de admisión e matrícula aprobadas pola Comisión Académica do Programa de Doutoramento para cada curso académico, que pola súa vez atenderá o establecido na Universidade de Vigo, na Universidade de Santiago e na Universidade da Coruña. Para tal efecto, o estudantado deberá cumprir os requisitos establecidos de acceso e admisión e acompañar a documentación acreditativa que se detalla a seguir para levar a cabo a selección.

• Expediente académico dos títulos que dan acceso aos estudos de doutoramento. Valorase esta epígrafe a partir da nota media de cada título. Esta epígrafe ten unha puntuación máxima de 30 puntos.

• Curriculum vitae das persoas candidatas, no cal se fará mención aos estudos formativos previos e a experiencia profesional ou investigadora no ámbito da Protección do Patrimonio Cultural. Esta epígrafe ten unha puntuación máxima de 20 puntos.

• Carta de aval dunha persoa doutora que inclúa 1) o compromiso expreso de asumir a dirección da tesis doutoral en caso de admisión da persoa candidata, 2) xustificación do cumprimento das condicións establecidas no artigo 10 do Regulamento de estudios de doutoramento de UVigo, no artigo 26 do Regulamento de estudios de doutoramento da USC e no artigo 12 Regulamento de estudios de doutoramento da Universidade da Coruña, 3) xustificación do encadre da teses proposta nunha liña de investigación do programa. Esta epígrafe ten unha puntuación máxima de 50 puntos.

A Comisión Académica do Programa de Doutoramento poderá establecer novos criterios compatibles cos anteriores para concreta-la aplicación dos principios e criterios enunciados.

Para ser admitido no programa de doutoramento débese alcanzar unha puntuación superior a 50 puntos.


• Admisión condicionada á realización de complementos específicos de formación

Non se consideran complementos de formación, pero si, como se describirá máis adiante, ofrécese ó alumnado a posibilidade de asistir a determinadas actividades formativas optativas co obxecto de reforzar coñecementos en función da liña de investigación escollida e o proxecto de investigación do/a alumno/a.

O grao de coñecemento de lingua inglesa exixido ao alumnado para recibir docencia impartida en lingua inglesa é o equivalente ao nivel B1 do Marco Europeo de Referencia.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.