Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.
Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.
A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.
10 prazas ofertadas no curso 2025/2026
A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.
Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.
Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.
Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.
Ademais dos requisitos regulados por lei e polos RDs, o programa exixe:
- Acreditar un nivel de coñecemento do idioma inglés equivalente como mínimo ao nivel B1, dado que este constitúe o principal idioma de comunicación científica a nivel internacional. Ademais, tanto os cursos de formación avanzada e transversal como diversas actividades, entre elas o Student's Day, impartense maioritariamente en inglés. A acreditación do nivel de inglés deberase realizar mediante unha certificación oficial recoñecida. En caso de que o candidato ou candidata posúa os coñecementos requiridos, pero careza de certificación, deberá presentar unha declaración xurada que acredite un dominio equivalente ó nivel esixido.
- Presentar dúas cartas de referencia, unha das cal debe ser dun investigador ou investigadora doutor que, se é designado pola Comisión Académica, comprométase a dirixir ou codirixir a teses. En caso de que o candidato ou candidata non conte cun director ou directora de teses doutoral, a Comisión Académica brindaralle apoio e orientación para atopar un, considerando a súa área de interese.
- Presentar un currículum vitae breve.
A Comisión Académica verificará que tódolos solicitantes cumpran cos requisitos de acceso ó programa e que a liña de investigación proposta se aliñe coas áreas de investigación establecidas no programa de doutoramento.
Unha vez comprobado que o candidato ou a candidata cumpren os requisitos administrativos, a Comisión Académica procederá á selección e admisión dos candidatos e as candidatas. Este proceso de selección seguirá os principios OTM-R (Open, Transparent, Merit-based recruiment), que busca asegurar que os candidatos sexan avaliados de maneira xusta e obxectiva, sen discriminación e seguindo procedementos claros que fomenten a igualdade de oportunidades.
A CAPD valorará as solicitudes de admisión no programa de doutoramento en función dos seguintes criterios:
• Expediente académico dos estudos de grao, ponderada pola media da titulación (25%)
• Expediente académico dos estudos de máster, ponderada pola media da titulación (15%)
• Experiencia investigadora previa (20%)
• Experiencia profesional no ámbito do programa de doutoramento (10%)
• Coñecemento de idiomas, incluíndo niveis de inglés superiores ao exixido (B1) ou outros idiomas (5%)
• Aval dun investigador-doutor indicando (i) a potencial viabilidade da futura teses no marco dunha liña de investigación do programa e (ii) que pode exercer como persoa directora en caso de cumprir os requisitos necesarios para iso (15%).
• Entrevista personal (10%)
Para ser admitido no programa de doutoramento débese acadar unha porcentaxe mínima do 60%. A Comisión Académica poderá establecer novos criterios compatibles cos anteriores para concretar a aplicación dos principios e criterios enunciados. Tamén poderá realizar entrevistas persoais sobre os méritos alegados, se o considera oportuno.
A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.
Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc.
Consulta as axudas predoutorais na UDC.
Podes consultar a normativa relacionada cos estudos de doutoramento na UDC.
Outros documentos de interese son: