Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.
Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.
A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.
6 prazas ofertadas no curso 2025/2026
De forma xeral, poderán
acceder a este programa de doutoramento, sen necesidade de cursar complementos
formativos, alumnos/as que cursen algún máster adscrito ás ramas de
coñecemento ciencias da saúde e ciencias e os ámbitos de coñecemento
Ciencias biomédicas, bioloxía e xenética, bioquímica e biotecnoloxía,
Enfermería, Farmacia, Medicina e Odontoloxía, Psicoloxía e Ciencias do
Comportamento.
Poderán ser admitidos,
logo de informe da CAPD, diplomados, graduados, licenciados e máster con
experiencia e/ou intereses específicos nas distintas áreas de coñecemento da Neurociencia, sempre que cumpran os requisitos xerais de acceso ao
doutoramento. Aqueles que non acrediten as competencias esixidas para o acceso
ao programa terán que cursar complementos de formación.
Para calquera outro perfil
a CAPD estudará os casos individualmente, podendo admitir ou non aos/ás
alumnos/as e establecendo complementos formativos en caso de ser necesario. No caso de que o alumnado careza da formación previa esixida no
programa, a admisión poderá quedar condicionada á superación dos
complementos de formación que estableza a Comisión Académica. Estes
complementos non poderán superar os 15 créditos ECTS.
A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.
Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.
Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.
Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.
As persoas que pretendan
acceder a un programa de doutoramento deberán reunir as condicións de acceso
establecidas no RD 99/2011 e solicitar a admisión nos prazos
establecidos na correspondente convocatoria. Consultar en:
Criterios:
A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.
Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc.
Consulta as axudas predoutorais na UDC.
Podes consultar a normativa relacionada cos estudos de doutoramento na UDC.
Outros documentos de interese son: