Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.
Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.
A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.
6 prazas ofertadas no curso 2024/2025
Dan acceso directo ao Programa de Doutoramento en Neurociencia e Psicoloxía Clínica os seguintes mestrados:
Poderan acceder tamén titulados noutros mestrados universitarios en Neurociencia, en Psicoloxía Clínica e da Saúde, en Psiquiatría ou outros do campo biomédico, así como persoas que teñan dous anos (avaliados positivamente) de formación sanitaria especializada en áreas relacionadas co mestrado (psicoloxía -PIR-, psiquiatría, neuroloxía -MIR-...).
A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.
Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.
Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.
Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.
A solicitude de admisión realizarase a través da Secretaría Virtual do estudante e a documentación xustificativa entregarase na UADI da Facultade de Ciencias.
A CAPD publicará as listaxes provisoria e definitiva do alumnado admitido na páxina web do programa de doutoramento no portal de estudos da UDC.
As reclamacións á listaxe provisoria dirixiranse á UADI da Facultade de Ciencias.
A solicitude de matrícula a tempo parcial, o cambio de modalidade de matrícula e a baixa temporal no programa deberá presentarse na UADI da Facultade de Ciencias.
A selección de estudantes para a súa admisión no programa realizarase en función do expediente académico de grao/diplomatura/licenciatura e mestrado e da viabilidade da proposta da investigación a desenvolver. A estes efectos terase en conta:
A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.
Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc.
Consulta as axudas predoutorais na UDC.
Podes consultar a normativa relacionada cos estudos de doutoramento na UDC.
Outros documentos de interese son: