Programa Oficial de Doutoramento en Estudos Literarios

2025/2026

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.

12 prazas ofertadas no curso 2025/2026

Perfil de admisión recomendado

1. O PDIEL, aínda que orientado a licenciados/as de titulacións filolóxicas (especialmente das áreas de Filoloxía Hispánica, Filoloxía Galega e Portuguesa, Filoloxía Románica, Teoría da Literatura e Literatura Comparada e outras do campo CNEAI 11) e, por afinidade, doutras pertencentes á rama de Artes e Humanidades (campo CNEAI 10), non establece ningunha diferenciación ou prioridade respecto da procedencia académica das/os solicitantes, pero require coñecementos de nivel C1 nalgunha das linguas do PD (español, galego ou portugués).
2. Se a/o solicitante provén dalgún dos másteres que inclúen estudios de carácter literario, en
particular daquees organizados tanto pola UDC como pola UVIGO, a admisión ao PDIEL poderase realizar sen necesidade de complementos formativos.
3. Cando a/o estudante proveña doutros graos ou másteres en campos CNEAI que non inclúan estudos literarios, a admisión ó doutoramento comezará a realización de actividades formativas que a Comisión Académica establecerá en función do currículum e do proxecto de teses presentados. Requiriranse un mínimo de 9 créditos e un máximo de 15 créditos en graos ou másteres de estudos literarios, particularmente aquelas relacionados coas literaturas en lingua castelá, galega e portuguesa, vixentes nese momento na Universidade da Coruña ou na Universidade de Vigo, sempre coa autorización expresa da CAPD (cf. infra Admisión condicionada á realización de complementos específicos de formación).

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

Os criterios de selección teñen en conta os seguintes aspectos, coas porcentaxes asignados:
a) Expediente académico de licenciatura ou grao (50%).
b) Currículum vitae (30%).
c) Memoria explicativa dos motivos e obxectivos que motivan a incorporación a este programa de doutoramento (20%).
Para ser admitido no PDIEL débese acadar unha porcentaxe mínima do 80%.
Ademais, a CAPD poderá establecer novos criterios compatibles cos aquí expostos, co fin de precisar a aplicación dos principios enunciados, especialmente no relativo aos aspectos valorables no currículum (segundas titulacións, publicacións relacionadas coas liñas de investigación ofertadas, experiencia profesional, etc.). Así mesmo, poderá realizar unha entrevista cos candidatos para aclarar e ponderar adecuadamente os méritos presentados.
Adicionalmente, para ser admitido no PDIEL é altamente recomendable contar co aval dun/a investigador/a do PD, quen debe manifestar a súa dispoñibilidade para asumir as funcións de titoría e, preferentemente, de (co)dirección. A ausencia do dito aval pode constituír, por si mesma, un factor de exclusión. Este requisito é ineludible no caso de proxectos de teses interdisciplinarias que inclúan áreas de coñecemento non literarias, co fin de garantir unha codirección por parte de especialistas nas ditas áreas.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.