Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.
A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.
Perfil de admisión recomendado
O perfil de ingreso establece os requisitos de formación previa do alumnado para ser admitido no programa. De forma xeral, poderá ser admitido no programa quen se encontre nalgunha das seguintes situacións:
- Rama de coñecemento: Ciencias da Saúde, Ciencias e Ciencias sociais e xurídicas
- Ámbito/s de coñecemento: Medicina e odontoloxía, Enfermería, Fisioterapia, podoloxía, nutrición e dietética, terapia ocupacional, óptica e optometría e logopedia, ademais de Actividade física e ciencias do deporte, bioloxía e xenética, bioquímica e biotecnoloxía, ciencias biomédicas, ciencias do comportamento e psicoloxía, ciencias sociais, traballo social, socioloxía, Farmacia.
- Competencias, capacidades e coñecementos previos: aspectos básicos sobre investigación.
- Titulacións de acceso: graos e másteres da área de ciencias da saúde, ciencias e ciencias sociais e xurídicas.
- Competencias lingüísticas recomendadas para a realización destes estudos: coñecemento básico de inglés (capacidade para a lectura de textos científicos en inglés)
- Ter obtido o título de DEA en programas similares a este programa de doutoramento.
Os casos que non se axusten ao perfil de ingreso serán estudados pola CAPD, podendo proceder ou non á admisión, e establecer complementos específicos de formación
Procedemento xeral de solicitude de admisión
A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.
Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.
Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado
Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.
Requisitos de admisión específicos da CAPD
Criterios de admisión do programa. A selección de estudantes para a súa admisión no programa realizarase en función dos seguintes criterios:
- Aval dun director con experiencia investigadora acreditada (50%). Outorgarase a máxima puntuación ao feito de presentar o aval dun profesor do programa, con experiencia investigadora acreditada, vinculado a unha das liñas de investigación de acordo ao anteproxecto de teses presentado. Será requisito de admisión no programa o obter unha puntuación de polo menos un 30% neste criterio.
- Expediente académico (20%), determinado pola cualificación media ponderada máis favorable das titulacións de grao ou posgrao cursadas, ponderable en función da afinidade ás liñas de investigación do programa de doutoramento.
- Obtención de bolsas ou contratos de investigación predoctorais (10%).
- Experiencia profesional e publicacións previas (10%). Valoraranse publicacións (preferentemente orixinais e revisións) indexadas en JCR (10%) e SJR (5%) e a súa adecuación ás liñas de investigación do programa.
- Coñecemento de idioma estranxeiro (10%): só valorable a partir dun nivel igual ou superior a B2 ou equivalente.
Para poder ser valorados, os méritos deben acreditarse documentalmente e ser coherentes coas liñas de investigación do programa. Aplicaranse os mesmos criterios de admisión para todo o alumnado, tanto con dedicación a tempo completo como a tempo parcial.
Documentación que hai que presentar para a valoración de admisión e méritos pola CAPD. Para a valoración de
méritos pola CAPD, débese entregar a seguinte documentación, publicada na web do programa (https://www.doctoradosalud.udc.es/admision/):
- Anteproxecto de tesis, avalado polo menos por un/a profesor/a do programa, ou un externo, con experiencia investigadora acreditada e xustificación da achega ás liñas de investigación existentes
- Se é o caso, formulario das persoas directoras ou codirectoras acreditando de cumprir cos requisitos establecidos para poder dirixir teses
- Copia del DNI o pasaporte
- Copia cotexada dos títulos universitarios oficiais que dean acceso ós estudios de doutoramento. A administración do centro pode cotexar a documentación cando a recibe
- Certificación académica oficial dos estudos cursados
- Se é o caso, certificación do órgano competente de ter obtido a avaliación positiva de formación sanitaria especializada, polo menos de dous anos, nun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en ciencias da saúde
En caso de que se realice unha selección do alumnado porque a demanda sexa superior ao número de prazas ofertadas, solicitaráselle ó alumnado a presentación dun Currículo vitae (CV) abreviado que inclúa os puntos que se inclúen nos criterios do baremo.
Prazos
A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.