Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 15 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.
Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.
A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admision.
15 prazas ofertadas no curso 2024/2025
O programa de doutoramento está aberto a titulados universitarios tanto nos distintos ámbitos das ciencias naturais (por exemplo, Ciencias Ambientais, Física, Química, Bioloxía, Xeoloxía etc.) como aos procedentes das diversas ramas da enxeñaría (por exemplo, Química, Industrial, Naval, Agropecuaria, Forestal, Mineira etc.)
A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.
Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.
Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.
Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.
A solicitude de admisión realizarase a través da Secretaría Virtual do estudante e a documentación xustificativa entregarase na UADI do Centro.
Finalizado o prazo de solicitude de admisión, a Comisión Académica valorará as solicitudes e realizará a proposta de alumnos admitidos, coa súa correspondente listaxe de suplentes, de acordo cos criterios de selección establecidos no programa. A citada proposta terá a consideración de relación provisoria de admitidos, e publicarase na páxina web do programa de doutoramento no portal de estudos da UDC.
As reclamacións á listaxe provisoria dirixiranse á UADI do centro.
Rematado o prazo de reclamacións, a CAPD, logo de analizalas, publicará a listaxe definitiva do alumnado admitido na web do programa de doutoramento no portal de estudos da UDC.
A solicitude de matrícula a tempo parcial, o cambio de modalidade de matrícula e a baixa temporal no programa deberá presentarse na UADI do centro.
A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.
Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc.
Consulta as axudas predoutorais na UDC.
Podes consultar a normativa relacionada cos estudos de doutoramento na UDC.
Outros documentos de interese son: