Programa Oficial de Doutoramento en Saúde e Motricidade Humana

2025/2026

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.

12 prazas ofertadas no curso 2025/2026

Perfil de admisión recomendado

O perfil de ingreso establece os requisitos de formación previa do alumnado para ser admitido no programa. De forma xeral, poderá ser admitido no programa quen se encontre nalgunha das seguintes situacións:

  • Rama de coñecemento: Ciencias sociais e xurídicas
  • Ámbito/s de coñecemento: Actividade física e ciencias do deporte, ciencias biomédicas, Medicina e odontoloxía, Enfermería, Bioloxía e xenética, Fisioterapia, podoloxía, nutrición e dietética, terapia ocupacional, óptica e optometría e logopedia
  • Titulacións de graos/licenciaturas nos ámbitos de ciencias da saúde e da Actividade Física (Ciencias da Actividade Física e do Deporte, Enfermería, Fisioterapia, Bioloxía, Medicina, Podoloxía, Terapia Ocupacional,...)
  • Titulacións de máster nos ámbitos relacionados coas ciencias da saúde e da actividade física. As titulacións de máster das universidades do programa que dan acceso son: 
  1. Universidade da Coruña: Máster Interuniversitario en investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde; Máster universitario en profesorado de educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas. Especialidade en Ciencias Experimentais (Educación Física); Máster Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria.
  2. Universidade de León: Máster en Entrenamento e Rendemento Deportivo (acceso co Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte); Máster en Actividade Física: Creación, Recreación e Benestar; Máster universitario en formación do profesorado de educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas. Especialidade en Educación Física; Máster universitario en Investigación en Ciencias Sociosanitarias (acceso co Grao en Enfermería e Grao en Fisioterapia).
  3. Universidade de Extremadura: Máster Universitario en Formación do Profesorado en Educación Secundaria (acceso co Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte); Máster Universitario en Iniciación e Rendemento no Deporte; O Master equiparables ou similares aos citados.

  • Competencias lingüísticas recomendadas para a realización destes estudos: coñecemento de polo menos unha das linguas oficiais correspondentes a cada universidade do programa.

Os casos que non se axusten ao perfil de ingreso serán estudados pola CAPD, podendo proceder ou non á admisión, e establecer complementos específicos de formación

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

REQUISITOS DE ADMISIÓN ESPECÍFICOS DO PROGRAMA.

  • Carta de referencia do profesorado do programa. É requisito obrigatorio para a admisión no programa presentar unha carta de referencia dun profesor ou profesora do programa que i) avale a potencial viabilidade da futura teses no marco dunha liña de investigación do programa á que se vincule, e que ii) poida exercer como persoa directora en caso de cumprir os requisitos necesarios para iso.
  • Coñecemento de idiomas. O alumnado debe ter competencias lingüísticas en castelán e/ou calquera outro idioma oficial da universidade na que se matricule, e un coñecemento mínimo de inglés equivalente ao nivel B1, por ser a lingua común de comunicación científica no ámbito da teses.

O alumnado estranxeiro de países alleos aos ámbitos lingüísticos oficiais, deberá acreditar un coñecemento mínimo de castelán e/ou galego equivalente ao nivel B1 No caso en que só se poida comunicar mediante a lingua estranxeira que é de uso común para a comunicación científica no ámbito da teses, o programa deberá asegurar a súa supervisión e dirección de teses no devandito idioma.

Os niveis de coñecemento lingüístico acreditaranse mediante unha das certificacións oficiais da listaxe de acreditacións recoñecidas polo Centro de Linguas da UDC, da ULE e da UEX para os distintos niveis do marco común europeo: https://www.acles.es/uploads/archivos/Tablas_ACLES/Tablas_de_certificados_reconocidos_por_ACLES_2023_02_03.pdf

Criterios de admisión do programa. A selección de estudantes para a súa admisión no programa realizarase en función dos seguintes criterios dun baremo que consta de 6 puntos (cun valor de 6 puntos cada un delas):

  • Titulación/es académica/s que dan acceso ao Programa de Doutoramento (6 puntos). Valorarase a súa afinidade coa Saúde e a Motricidade Humana.
  • Formación académica (6 puntos). Valorarase a nota media do expediente académico da/s titulación/es que dan acceso ao Programa de Doutoramento, así como os premios fin de licenciatura, grao ou máster.
  • Formación complementaria (6 puntos). Valorarase o proceso formativo complementario seguido polo alumno con independencia dos estudos oficiais de grao/licenciatura/Máster (principalmente outras titulacións universitarias regradas e distintas ás dos anteriores puntos, seguidas por cursos de formación universitaria non regrada e adicionalmente a formación non universitaria).
  • Experiencia profesional nas áreas da Saúde e a Motricidade Humana (6 puntos). Valorarase a experiencia profesional acreditada no ámbito da saúde, a actividade física recreativa, a educación física ou o adestramento e o rendemento deportivo.
  • Outros méritos (6 puntos). Preferentemente valorarase a acreditación de colaboración con grupos de investigación recoñecidos polas distintas universidades participantes, ou a realización de actividades de investigación (publicacións científicas, colaboración en proxectos/contratos de investigación, bolsas de investigación, comunicacións a congresos científicos, etc.).

Tamén se valorará a acreditación do coñecemento de idiomas, e o dominio de novas tecnoloxías.

Para poder ser valorados, os méritos deben acreditarse documentalmente e ser coherentes coas liñas de investigación do programa. Aplicaranse os mesmos criterios de admisión para todo o alumnado, tanto con dedicación a tempo completo como a tempo parcial.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.