Máster Universitario en Intelixencia Artificial

2022/2023 · 90 créditos

Acceso e admisión

Para acceder ao ensino oficial de máster será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país expedidor do título para o acceso ao ensino de máster.

Así mesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior, sen necesidade da homologación dos seus títulos, despois de que a UDC comprobe que estes acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e facultan no país expedidor do título para o acceso ao ensino de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar o ensino de máster.

Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES que soliciten acceso ás ensinanzas oficiais de másteres universitarios que habilitan para o exercicio de profesión regulada, necesariamente deberán ter o seu título homologado ou declarado equivalente polo ministerio competente.

Os estudantes poderán ser admitidos a un máster conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do título de máster universitario. A UDC incluirá os procedementos e requisitos de admisión no plan de estudos.

A admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o ensino de máster.

Perfil recomendado

O MIA é un título de posgrado para a especialización en IA no que se presupón unha formación universitaria previa (como mínimo de grado, diplomatura ou enxeñaría técnica) e estar en posesión duns coñecementos previos recomendados tales como:
  • Matemáticas (análise, álxebra lineal, xeometría, estatística básica e probabilidade).
  • Programación, estructuras de datos e algoritmos
  • Fundamentos de estructura de computadores.

Requisitos de acceso comúns

Dado que o máster é impartido íntegramente en inglés, requírese que o estudante que ingresa posúa coñecementos mínimos de inglés correspondentes ao nivel B1 (ainda que se recomenda B2 ou superior) do marco común europeo de referencia, nos termos que determine a Comisión de Selección e Admisión de Estudantes.

O alumnado debe contar, preferentemente, con algunha das seguintes titulacións universitarias de grado, licenciatura, enxeñaría ou enxeñaría técnica nos seguintes ámbitos (incluindo aquellos títulos con denominacións equivalentes ou alternativas ás incluidas no listado):

  • Enxeñaría Informática
  • Ciencia e Enxeñaría de Datos
  • Intelixencia Artificial
  • Robótica
  • Matemáticas
  • Física
  • Enxeñaría de Telecomunicacións
  • Enxeñaría Industrial

No caso do alumnado que solicite a súa admisión e posúa un título diferente aos incluidos no listado anterior, valorarase a súa admisión en función de que poida xustificar que os seus estudos previos conduciran á adquisición dos coñecementos recomendados incluidos nesta mesma sección.

Non se prevén complementos formativos para adquirir os coñecementos básicos previos.

Solicitude e admisión

A solicitude de preinscripción poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establecer na plataforma da UDC.

As solicitudes formuladas por persoas con títulos académicos estranxeiros de sistemas educativos alleos ao EEES deberán ir acompañadas da seguinte documentación, traducida a calquera das dúas linguas oficiais na UDC, legalizada ou coa Apostila da Haia: título que dá acceso ao máster e certificación académica.

A matrícula realizarase nos sucesivos prazos que se inclúen no calendario de preinscrición dos másteres que aproba o Consello de Goberno da UDC á través da web da UDC.

A matrícula na UDC para o novo alumnado podes facela aquí ou se es un alumno/a que continúa estudos na UDC, podes facelo desde a Secretaría Virtual do Estudante.

Unha vez efectuada a matrícula deberá remitirse á administración do centro, ou entregarse nela, nun prazo máximo de 10 días naturais que contarán a partir da data de solicitude de matrícula, a seguinte documentación, se for o caso:

  • A solicitude de bolsa debidamente cuberta.
  • O xustificante que acredite a exención ou a redución dos prezos de matrícula.

 

20 prazas ofertadas no curso 2022/2023

Criterios e procedementos de admisión

O sistema de admisión do alumnado realizarase de acordo cos criterios e procedimentos establecidos nas 3 universidades, sempre seguindo os principios de obxectividade, imparcialidade, mérito e capacidade. Será responsabilidade da Comisión de Selección e Admisión de Estudiantes. Os baremos con que se evaluarán as solicitudes terán en conta:
  • Adecuación da titulación de acceso ós contidos do máster
  • Expediente académico
  • Outros méritos relacioados có ámbito da IA (experiencia laboral, formación extracurricular, participación en actividades relacioadas có ámbito da IA, etc.)

O primeiro dos criterios é excluínte, de xeito que os candidatos para os que se estableza a non adecuación do título de acceso quedarán excluidos. Para o resto, o expediente académico terá un peso máximo de 70% do total, e os outros méritos un peso máximo do 30%. Os criterios concretos para cada curso académico serán establecidos e publicados con anterioridade ao comezo dos períodos de preinscripción e matrícula.

Prazos

Prazo especial para o estudantado de sistemas universitarios estranxeiros alleos ao sistema universitario español con título non homologado para o curso 2022/2023 (os másteres que habilitan para o exercicio de profesión regulada non contan con este prazo especial xa que necesariamente o título debe estar homologado previamente):

  • Do 17 de xaneiro ao 17 de abril de 2022: Preinscrición
  • Do 23 ao 17 de maio de 2022: Reserva de praza
  • Do 1 ao 8 de agosto de 2022: Matrícula

Os prazos xerais para o curso 2022/2023 son:

Primeiro prazo

  • Do 2 de maio ao 18 de xullo de 2022: Preinscrición
  • Do 1 ao 8 de agosto de 2022: Matrícula

Segundo prazo

  • Do 22 ao 30 de agosto de 2022: Preinscrición
  • Do 9 ao 16 de setembro de 2022: Matrícula

Terceiro prazo

  • Do 26 de setembro ao 4 de outubro de 2022: Preinscrición
  • Do 11 ao 16 de outubro de 2022: Matrícula

Os prazos xerais están tamén dispoñibles neste calendario.

bolsas e axudas

Existe un sistema de bolsas para o estudantado que o precise. Os distintos criterios e prazos dependen do tipo de bolsa e o organismo que as convoca (propias, autonómicas e estatáis). Podes consultalas nos seguintes enlaces: