Para acceder ao ensino oficial de máster será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país expedidor do título para o acceso ao ensino de máster.
Así mesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior, sen necesidade da homologación dos seus títulos, despois de que a UDC comprobe que estes acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e facultan no país expedidor do título para o acceso ao ensino de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar o ensino de máster.
Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES que soliciten acceso ás ensinanzas oficiais de másteres universitarios que habilitan para o exercicio de profesión regulada, necesariamente deberán ter o seu título homologado ou declarado equivalente polo ministerio competente.
Os estudantes poderán ser admitidos a un máster conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do título de máster universitario. A UDC incluirá os procedementos e requisitos de admisión no plan de estudos.
A admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o ensino de máster.
Perfil recomendado
O Máster Universitario en discapacidade e dependencia diríxese a graduados de ciencias da saúde, ciencias da educación e ciencias sociais que mostren un especial interese no campo da investigación en ámbitos relacionados coa atención, xestión e intervención sobre o fenómeno da discapacidade e dependencia desde un punto de vista integral e biopsicosocial.
A especialidade en Rehabilitación funcional na discapacidade e na dependencia diríxese fundamentalmente a graduados en ciencias da saúde, mentres que especialidade en Intervención psicosocial na discapacidade e na dependencia presenta unha maior afinidade cos graduados de ciencias sociais e da educación.
A pesar desta recomendación, que se fará explicita en todo momento aos estudantes de novo ingreso, considérase que un fenómeno multidimensional como a discapacidade e a dependencia precisa e benefíciase dunha abordaxe interdisciplinar.
En consecuencia, non se estima necesario limitar de forma estrita a posibilidade de que cada estudante, aínda que sempre debidamente informado matricúlese na especialidade que considere máis adecuada ás súas necesidades investigadoras independentemente da rama de coñecemento do seu título de grao. Con todo, esta situación constituiría a excepción, xa que se prevé que a selección da especialidade por parte dos estudantes sexa como se describiu.
Requisitos de acceso comúns
Titulacións de Ciencias da Saúde, Ciencias da educación e Ciencias sociais.
Solicitude e admisión
A solicitude de preinscripción poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establecer na UDC. Consulte a páxina de másteres, para maior información.
As solicitudes formuladas por persoas con títulos académicos estranxeiros de sistemas educativos alleos ao EEES deberán ir acompañadas da seguinte documentación, traducida a calquera das dúas linguas oficiais na UDC, legalizada ou coa Apostila da Haia: título que dá acceso ao máster e certificación académica.
A matrícula realizarase nos sucesivos prazos que se inclúen no calendario de preinscrición dos másteres que aproba o Consello de Goberno da UDC á través da web da UDC.
Unha vez efectuada a matrícula deberá remitirse á administración do centro, ou entregarse nela, nun prazo máximo de 10 días naturais que contarán a partir da data de solicitude de matrícula, a seguinte documentación, se for o caso:
- A solicitude de bolsa debidamente cuberta.
- O xustificante que acredite a exención ou a redución dos prezos de matrícula.
30
prazas ofertadas no curso 2023/2024
Criterios e procedementos de admisión
Aínda que non se esixe ningún grao específico, para o ingreso no Máster Universitario en discapacidade e dependencia, resulta recomendable, pero non imprescindible, cursar os estudos correspondentes aos graos, diplomaturas ou licenciaturas de Mestre, Educación Social, Logopedia, Terapia Ocupacional, Fisioterapia, Enfermería, Psicoloxía, Medicina, Podoloxía, Traballo Social, Psicopedagoxía, Socioloxía, Dereito ou Ciencias económicas e empresariais.
A Comisión Académica do Máster constitúe o órgano responsable de realizar o proceso de admisión seguindo os principios de obxectividade, imparcialidade, mérito e capacidade.
Unha vez #verificar que o estudante cumpre cos requisitos de admisión requiridos, e no caso de que a demanda supere o número de prazas dispoñibles, a selección realizarase en función de:
1. Expediente académico do título que dá acceso ao Máster (60%)
2. Curriculum Vitae presentado polo aspirante (40%).
No caso de considerarse necesaria (fundamentalmente debido a situacións de empate entre os anteriores criterios de selección e maior demanda que oferta de prazas), poderase concertar de forma excepcional a realización dunha entrevista persoal, na que se valorarían aspectos relativos ao perfil actitudinal do aspirante e o seu interese e predisposición pola investigación no ámbito da discapacidade e dependencia, coa única finalidade de establecer un desempate entre varios aspirantes que obteñan a mesma puntuación no expediente académico e o CV.
Para cada Curso académico, a Universidade dá Coruña establece tres prazos de preinscrición, admisión e matrícula (expostos a continuación). No 2º e o 3º prazo ofertaranse as prazas que queden vacantes en cada prazo anterior (Consultar apartados solicitude - admisión e prazos. A listaxe de estudantes admitidos e excluídos en cada prazo poderá ser consultado na páxina http://www.ffisacademica.udc.gal/p/mestrado-universitario-en-discapacidade.html
bolsas e axudas
Existe un sistema de bolsas para o estudantado que o precise. Os distintos criterios e prazos dependen do tipo de bolsa e o organismo que as convoca (propias, autonómicas e estatáis). Podes consultalas nos seguintes enlaces: