Para acceder ao ensino oficial de máster será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país expedidor do título para o acceso ao ensino de máster.
Así mesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior, sen necesidade da homologación dos seus títulos, despois de que a UDC comprobe que estes acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e facultan no país expedidor do título para o acceso ao ensino de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar o ensino de máster.
Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES que soliciten acceso ás ensinanzas oficiais de másteres universitarios que habilitan para o exercicio de profesión regulada, necesariamente deberán ter o seu título homologado ou declarado equivalente polo ministerio competente.
Os estudantes poderán ser admitidos a un máster conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do título de máster universitario. A UDC incluirá os procedementos e requisitos de admisión no plan de estudos.
A admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o ensino de máster.
As titulacións que configuran o perfil de acceso recomendado ás Especialidades son:
-Especialidade en Investigación e Innovación Sociosanitaria: titulacións de Terapia Ocupacional, Enfermaría, Podoloxía, Logopedia, Ciencias da Actividade Física e do Deporte, Fisioterapia, Traballo Social, Socioloxía, Psicoloxía e outras afíns segundo criterio da Comisión Académica do mestrado. Precísanse coñecementos en estratexias de promoción da Saúde, da autonomía persoal e da calidade de vida.
-Especialidade en Fundamentos de Investigación Biomédica: titulacións de Bioloxía, Medicina, Odontoloxía, Farmacia, Química e outras afíns segundo criterio da Comisión Académica do mestrado. Precísanse coñecementos de Bioloxía Molecular e Celular.
-Especialidade en Investigación Clínica: titulacións de Enfermaría, Terapia Ocupacional, Odontoloxía, Medicina, titulacións de Ciencias da Saúde directamente relacionadas coa actividade clínica e outras afíns segundo criterio da Comisión Académica do mestrado. Precísanse coñecementos básicos de estatística e manexo de ferramentas en liña.
Os requisitos de acceso ao Mestrado son, con carácter xeral, os establecidos polo RD 822/2021, do 28 de setembro. O acceso ao título aterase ás disposicións do Ministerio, da Comunidade Autónoma de Galicia, e ao que se dispoña no desenvolvemento normativo da Universidade da Coruña.
O alumnado que queira ser admitido no título deberá estar en posesión dalgunha das titulacións indicadas no perfil de ingreso recomendado, en función da Especialidade que solicite. As persoas solicitantes que queiran ser admitidas no mestrado deben cumprir os requisitos de acceso no momento de realizar a preinscrición.
Poderán ser admitidas no mestrado as persoas graduadas, diplomadas ou licenciadas en titulacións de Ciencias da Saúde ou naquelas afíns á investigación biomédica. O alumnado deberá indicar na solicitude de acceso a Especialidade que desexa cursar. Así, o criterio de admisión será a adecuación da titulación de acceso aos contidos do mestrado.
Non se establecen condicións ou probas de acceso especiais para este título.
A solicitude de preinscripción poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establecer na UDC. Consulte a páxina de másteres, para maior información.
As solicitudes formuladas por persoas con títulos académicos estranxeiros de sistemas educativos alleos ao EEES deberán ir acompañadas da seguinte documentación, traducida a calquera das dúas linguas oficiais na UDC, legalizada ou coa Apostila da Haia: título que dá acceso ao máster e certificación académica.
A matrícula realizarase nos sucesivos prazos que se inclúen no calendario de preinscrición dos másteres que aproba o Consello de Goberno da UDC á través da web da UDC.
Unha vez efectuada a matrícula deberá remitirse á administración do centro, ou entregarse nela, nun prazo máximo de 10 días naturais que contarán a partir da data de solicitude de matrícula, a seguinte documentación, se for o caso:
50 prazas ofertadas no curso 2024/2025
O procedemento de admisión e matrícula nas titulacións de mestrado na UDC descríbese na Normativa de Xestión Académica que se aproba anualmente. As competencias en materia de admisión son responsabilidade da Comisión de Selección e Admisión de Estudantes, que terá a composición e funcións determinadas na Normativa de Xestión Académica. Esta Comisión está conformada por todo o profesorado e o/a administrador/a do centro que forman parte da Comisión Académica do mestrado.
Os baremos para o procedemento de admisión basearanse nos seguintes aspectos: a.- Adecuación da titulación de acceso aos contidos do mestrado; e b.- Expediente académico. Non se terán en conta outro tipo de méritos. O primeiro dos criterios é excluínte, de modo que os candidatos para os que se estableza a non adecuación do título de acceso quedarán excluídos. Para o resto, o expediente académico terá un peso máximo do 100% do total. A Comisión de Selección do mestrado determina se a titulación de acceso da persoa solicitante é adecuada e, no caso de que o número de preinscricións sexa superior ao número de prazas vacantes, valorará as solicitudes de acordo co seu expediente.
Existe un sistema de bolsas para o estudantado que o precise. Os distintos criterios e prazos dependen do tipo de bolsa e o organismo que as convoca (propias, autonómicas e estatáis). Podes consultalas nos seguintes enlaces:
Se queres coñecer en detalle a normativa e regulamentos relacionados cos estudos na UDC podes consultalo aquí. Ademais podes consultar outros documentos relacionados coa normativa académica.
Tamén destacamos os seguintes documentos: