Grao en Tecnoloxías Mariñas

2024/2025 · 240 créditos

Introdución

A titulación de Grao en Tecnoloxías Mariñas cambia de nominación a Grao en Máquinas Navais.

Os estudos do Grao en Máquinas Navais teñen carácter enxeñeril e tecnolóxico. Dan acceso ao exercicio, a bordo de buques, das profesións de Oficial de Máquinas da mariña mercante, e xunto con mestrado en Enxeñaría Mariña á profesión de Xefe de Máquinas da mariña mercante.

O plan de estudos está deseñado para capacitar o alumnado de cara á realización de actividades de operación, mantemento e xestión de todas as instalacións con que conta un buque e no sector industrial terrestre.

O estudo está en proceso de extinción

O estudo renovou a sua acreditación o mércores, 20 de xullo de 2016.

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
836€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
1.045€
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025
0

Por que estudar a titulación

O plan de estudos foi deseñado seguindo a normativa internacional que regula a formación dos profesionais mariños, para dar acceso a un mercado laboral cunha alta demanda, coa posibilidade de exerceren a súa actividade en calquera lugar do mundo e en sectores moi amplos do ámbito tecnolóxico.

Disponse dun profesorado altamente cualificado, con experiencia profesional maioritaria no ámbito da enxeñaría mariña e outros sectores industriais. Garántese, así, unha formación en conexión directa coa realidade do sector, que se reforza cunha carga de prácticas en empresas de até catro meses.

A existencia de dous itinerarios ou especialidades permite orientar a túa vocación non só cara ao ámbito da mariña mercante, senón tamén a outras actividades do sector industrial en que os nosos ex-alumnos gozan dun alto recoñecemento.

Así mesmo, o Grao en Tecnoloxías Mariñas dá acceso ao mestrado que cómpre cursar para exercer a profesión de xefe/a de máquinas.

 Folleto informativo

Folla de ruta

Data última modificación/verificación ACSUG 29/07/2010
Data autorización Consello Xunta 11/11/2010
Data publicación autorización DOG 17/11/2010
Data publicación BOE de carácter oficial 16/03/2011
Data publicación plan estudos DOG 30/07/2015
Data publicación plan estudos BOE 03/08/2015