Logo da Universidade da Coruña

Grao en Tecnoloxías Mariñas

2016/2017 · 240 créditos

Introdución

Os estudos do Grao en Tecnoloxías Mariñas teñen carácter tecnolóxico e dan acceso ao exercicio, a bordo de buques, das profesións de Oficial de Máquinas da mariña mercante, e xunto con mestrado en Enxeñaría Mariña á profesión de Xefe de Máquinas da mariña mercante.

O plan de estudos está deseñado para capacitar o alumnado de cara á realización de actividades de operación, mantemento e xestión de todas as instalacións con que conta un buque.

O estudo está verificado e publicado

Por que estudar a titulación

O plan de estudos foi deseñado seguindo a normativa internacional que regula a formación dos profesionais mariños, para dar acceso a un mercado laboral cunha alta demanda, coa posibilidade de exerceren a súa actividade en calquera lugar do mundo e en sectores moi amplos do ámbito tecnolóxico.

Disponse dun profesorado altamente cualificado, con experiencia profesional maioritaria no ámbito da enxeñaría mariña e outros sectores industriais. Garántese, así, unha formación en conexión directa coa realidade do sector, que se reforza cunha carga de prácticas en empresas de até catro meses.

A existencia de dous itinerarios ou especialidades permite orientar a túa vocación non só cara ao ámbito da mariña mercante, senón tamén a outras actividades do sector industrial en que os nosos ex-alumnos gozan dun alto recoñecemento.

Así mesmo, o Grao en Tecnoloxías Mariñas dá acceso ao mestrado que cómpre cursar para exercer a profesión de xefe/a de máquinas.

 Folleto informativo

Folla de ruta

Data publicación BOE de carácter oficial 16/03/2011
Data publicación plan estudos DOG 30/07/2015
Data publicación plan estudos BOE 03/08/2015