Logo da Universidade da Coruña

Grao en Administración e Dirección de Empresas

2017/2018 · 240 créditos

Introdución

O grao en ADE impartido na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña proporciona ao alumnado unha sólida formación en xestión empresarial orientada á análise e toma de decisións desde posicións directivas.

O plan de estudos combina materias básicas, obrigatorias e optativas até acadar os 240 ECTS nos ámbitos das técnicas instrumentais (matemáticas, estatística, econometría etc), formación económica (teoría micro e macroeconómica, estrutura económica, historia económica, etc), formación xurídica e social (dereito, socioloxía, etc) e formación empresarial (organización, marketing, finanzas, dirección e estratexia). O plan de estudos inclúe a realización de prácticas en empresas e un traballo de fin de grao

Finalmente, nun contexto internacional, os alumnos que acrediten nivel de inglés (B2) poderán cursar voluntariamente un 40% dos créditos da titulación en lingua inglesa. Nesta línea, contamos cun acordo bilateral de dobre titulación coa Universidade de Gales do Sur (Reino Unido) para os nosos estudantes de ADE.

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o mércores, 11 de marzo de 2015.

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
591€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
1.034€
Prazas ofertadas para o curso 2017/2018
180

Por que estudar a titulación

O principais motivos para cursar esta titulación son:

  • Formación de calidade nas áreas de xestión económica e empresarial.
  • Carácter polivalente dos estudos para favorecer a inserción laboral dos graduados.
  • Profesorado con cualificación contrastada e clara orientación ao alumnado.
  • Aplicación plena das metodoloxías implantadas no Espazo Europeo de Educación Superior (Boloña).
  • Posibilidade de realización de prácticas en empresas con recoñecemento académico.
  • Posibilidade de cursar materias en universidades europeas e latinoamericanas a través de convenios Erasmus e bilateriais.
  • Posibilidade de cursar en inglés o 40% dos créditos da titulación.
  • Oferta de dobre titulación coa Universidade de Gales do Sur (Reino Unido).
  • Posibilidade de continuar estudos de posgrado a través dos mestrados universitarios impartidos na facultade e no programa de doutoramento.
Visita a páxina da nosa facultade:

Facultade de Economía e Empresa

 Folleto informativo

Este estudo é plurilingüe. O alumnado terá a opción de cursar parte do estudo en outras linguas.

Folla de ruta

Curso de comezo 2009/2010
Data última modificación/verificación ACSUG 19/06/2009
Data autorización Consello Xunta 27/08/2009
Data publicación autorización DOG 16/09/2009
Data publicación BOE de carácter oficial 05/01/2010
Data publicación plan estudos DOG 11/05/2010
Data publicación plan estudos BOE 26/04/2010