Logo da Universidade da Coruña

Máster Universitario en Computación de Altas Prestacións

2018/2019 · 60 créditos

Introdución

O Mestrado en Computación de Altas Prestacións, organizado polas universidades da Coruña e de Santiago de Compostela, xunto co Centro de Supercomputación de Galicia CESGA especializa aos alumnos nunha temática tan importante na actualidade como é o High Performance Computing (HPC).

O HPC está relacionado con temas tan de moda como os procesadores multinúcleo (antigamente específicos de grandes equipos informáticos, pero hoxe en día presentes en PC, tablets ou teléfonos móbiles), a computación na nube (cloud computing) ou o chamado Big Data.

Neste mestrado colaboran empresas multinacionais tan importantes como IBM, HP, Atos, Fujitsu, AMD, Amazon Web Services ou Gompute, así como o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia.

Máis información na web do mestrado: http://masterhpc.es

O estudo está verificado e pendente de publicación

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
1.882€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
3.481€
Prazas ofertadas para o curso 2018/2019
13

Por que estudar a titulación

O Mestrado en Computación de Altas Prestacións proporciona un ensino especializado que complementa os estudos xeneralistas do grao, nun tópico que ten especial relevancia no momento actual, proporcionando aos alumnos os coñecementos e destrezas necesarios con que poderen resolver os problemas e desafíos aos que se enfrontan as empresas e institucións na actualidade.

O Mestrado en Computación de Altas Prestacións proporciona aos alumnos a especialización necesaria para comezar directamente a traballar en empresas ou institucións que necesiten resolver problemas computacionalmente custosos ou teñan que optimizar os seus procesos de negocio para manexar a enorme cantidade de información que se pode obter de diferentes fontes.

Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:

  • CORUÑA
  • Universidade de Santiago de Compostela

Folla de ruta

Curso de comezo 2018/2019
Data última modificación/verificación ACSUG 23/03/2018
Data autorización Consello Xunta 13/06/2018
Data publicación autorización DOG 29/06/2018
Data publicación BOE de carácter oficial 07/09/2018