O Deseño Industrial, como disciplina, procura integrar dentro dos campos estratéxicos, produtivos e comerciais da empresa, todos aqueles atributos que o futuro usuario valorará nos produtos de forma emocional, funcional e sociocultural.
O deseño industrial é, das disciplinas integradas no desenvolvemento de produto, a máis próxima ao ser humano como usuario. O deseño ten as súas orixes históricas na necesidade de adaptar os produtos fabricados industrialmente ás tendencias e ás necesidades humanas de emotividade, notoriedade e diferenciación. Onde non hai diferenzas non hai valoración.
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o martes, 28 de setembro de 2021.
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
836€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
1.045€ |
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024 |
70 |
Un dos principais trazos distintivos que caracteriza esta aposta formativa no campus de Ferrol é a forte interacción co ámbito industrial e empresarial que xa se conseguiu ao longo dos mais de vinte anos de existencia da EUDI. Son numerosos os proxectos de deseño industrial e desenvolvemento de produto, as xornadas, os asesoramentos técnicos e estratéxicos e múltiples actividades que se realizan continuamente no marco de numerosos convenios de investigación e asesoramento, enmarcados na actividade docente, e nos que sempre participa o estudantado de forma activa. Este éxito é posible grazas á súa ampla implicación, ao apoio institucional da Universidade da Coruña e á dedicación, capacidade e especial motivación do profesorado. O nivel de formación alcanzado polo alumnado egresado e a calidade dos proxectos dirixidos na EUDI son o aval óptimo para os axentes institucionais, empresariais e industriais, de todos os sectores, cos que se colabora intensamente.
Curso de comezo | 2009/2010 |
Data última modificación/verificación ACSUG | 22/06/2009 |
Data autorización Consello Xunta | 27/08/2009 |
Data publicación autorización DOG | 16/09/2009 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 05/01/2010 |
Data publicación plan estudos DOG | 18/05/2010 |
Data publicación plan estudos BOE | 26/04/2010 |