Grao en Enxeñaría Eléctrica

2026/2027 · 240 créditos

Introdución

O Grao en Enxeñaría Eléctrica habilita para a profesión regulada de Enxeñeiro Técnico Industrial (Orde CIN/351/2009).

Primeiro grao con formación dual en Galicia: terás a posibilidade de cursar un itinerario de formación dual de 60 ECTS correspondentes ao cuarto curso, que se desenvolve por completo na empresa.

Ademais das saídas profesionais, dende a adaptación dos títulos ao Espazo Europeo de Educación Superior, este grao permite o acceso directo, entre outros, ao Mestrado de Enxeñaría Industrial (Orde CIN/311/2009), titulación académica que habilita para a profesión regulada de Enxeñeiro Industrial.

ATENCIÓN: A partires do curso 22/23 esta titulación impartirase na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) no Campus de Esteiro

O estudo está verificado e pendente de publicación

 

Prazas ofertadas para o curso 2026
100

Por que estudar a titulación

Enxeñeiro Eléctrico: un dos perfís máis buscados polas empresas en enxeñaría e industria. Unha profesión cun amplo espectro de saídas profesionais, versátil e multidisciplinar.

A Formación Dual é a combinación ideal entre estudar e traballar.

  • Aplicarás nun entorno real os coñecementos e competencias adquiridos na túa formación académica.
  • A empresa corresponsabilízase da túa formación en coordinación coa Universidade.
  • Desfrutarás dun seguemento personalizado por parte de dous titores: o da universidade e o da empresa.
  • Unha vez cursada a titulación terás acumulado unha verdadeira experiencia profesional que poderás reflectir no teu currículo.

Estudiarás nunha escola de longa tradición formativa e de investigación en enxeñaría, con grupos reducidos que permiten unha atención personalizada e horarios optimizados ao estudante.

ATENCIÓN: A partires do curso 22/23 esta titulación impartirase na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) no Campus de Esteiro

Web da E.P.E.F.

 Folleto informativo

Folla de ruta

Curso de comezo 2026
Data autorización Consello de Ministros 11/02/2011
Data publicación BOE de carácter oficial 11/02/2011