O Grao Aberto en Enxeñaría Industrial impártese na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) no Campus de Esteiro. A EPEF nace no ano 2021 como resultado da fusión das dúas escolas de Enxeñaría da cidade, a Escola Universitaria Politécnica e a Escola Politécnica Superior, con mais de 50 anos de traxectoria en formación no ámbito da enxeñaría. O estudante cursará as materias de primeiro curso comúns os seguintes Graos:
Grao en Enxeñaría Eléctrica (DUAL)
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
O estudo está pendente de verificación
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
836€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
1.045€ |
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024 |
8 |
Os graos abertos están pensados para aqueles alumnos que, tendo a nota de acceso para os graos que os conforman, non queren decidirse aínda por ningún e prefire darse un tempo para descubrir que grao é o que finalmente máis lle motiva.
Os graos abertos tamén están dirixidos a aqueles estudantes que desexan enriquecerse da transversalidade no seu currículo académico, debido a que ao finalizar o período en que un estudante pode estar no grao aberto e unha vez decidido o grao que cursará finalmente, pode continuar a súa formación multidisciplinar a través do Programa de Formación Complementaria, no que poderá matricularse de materias dos diferentes graos que compoñen o programa para completar a súa formación.
No grao aberto en Enxeñaría Industrial, o estudante poderá estar no grao aberto un máximo de un curso antes de tomar a decisión de que grao finalmente cursará.
Curso de comezo | 2020/2021 |