Este Programa de Simultaneidade impártese na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) no Campus de Esteiro. A EPEF nace no ano 2021 como resultado da fusión das dúas escolas de enxeñaría da cidade, a Escola Universitaria Politécnica e a Escola Politécnica Superior, con mais de 50 anos de traxectoria en formación no ámbito da enxeñaría.
O programa de simultaneidade abre a posibilidade de obter mediante un itinerario especificamente deseñado con 5 cursos de duración dous títulos de grao con competencias profesionais de enxeñeiro técnico: Este programa ten unha normativa específica (⇒ Enlace) que contempla, entre outros aspectos:
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
836€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
1.045€ |
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025 |
9 |
Programa de Simultaneidade único en España… É a única posibilidade en toda España de obter os dous graos seguindo un programa estruturado en 5 cursos académicos. A dobre titulación aumenta as saídas laborais que xa teñen cada un dos graos debido ao coñecemento de dúas ramas da enxeñaría cunha gran relación que se incrementará co desenvolvemento de aplicacións offshore.
Totalmente integrada no sector empresarial….Pola súa estratéxica situación xeográfica, a Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, e por tanto a titulación, se haxa situada nunha comunidade autónoma (Galicia) e unha cidade (Ferrol), nos que o sector naval, en todos os seus aspectos, ten unha enorme importancia. Todos os partícipes do mesmo, desde o ámbito pesqueiro, o de deseño, construción e reparación naval, o militar, a administración civil ou as grandes instalacións portuarias, están presentes na rexión.
Formación práctica en empresas… Poderás levar a cabo prácticas dentro dun amplo abano de empresas concertadas que abranguen practicamente todos os sectores da profesión.
Grupos de docencia reducidos… As clases impártense sempre en grupos reducidos, con non máis de 50 alumnos nas exposicións teóricas e un máximo de 20 nas sesións prácticas. Así se permite unha atención personalizada do alumnado que non é fácil atopar noutras universidades máis masificadas. Ademais, as sinerxias que se xeran entre docentes e estudantes das distintas enxeñerías que se imparten no campus, redundan nun beneficio neto na formación do futuro graduado
A vida no Campus de Esteiro… O Campus de Esteiro se encontra situado no centro da cidade de Ferrol. A oferta de aloxamento para estudantes en Ferrol é moi ampla e en xeral pódese considerar que o custo da vida é menor que noutras cidades que ofertan estes estudos.
Curso de comezo | 2019/2020 |