Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais

2024/2025 · 240 créditos

Introdución

O grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais impartese na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) no Campus de Esteiro. A EPEF nace no ano 2021 como resultado da fusión das dúas escolas de enxeñaría da cidade, a Escola Universitaria Politécnica e a Escola Politécnica Superior, con máis de 50 anos de traxectoria en formación no ámbito da enxeñaría e centros dos cales saíron boa parte dos enxeñeiros e enxeñeiras que dan soporte tecnolóxico e dirixen as empresas que constitúen o armazón industrial de Galicia.


Esta enxeñería, a máis xeneralista das que se imparten, permite formar profesionais con capacidade para deseñar, construír, manter e xestionar equipos e instalacións industriais.

Os futuros enxeñeiros e enxeñeiras industriais adquiren amplos coñecementos nas diferentes áreas desta enxeñaría: enxeñería mecánica, eléctrica, electrónica, química, enxeñería enerxética, do ambiente, automática, materiais, organización industrial, produción, enxeñería do deseño, enxeñerías de construcción e instalacións industriais, enxeñería do automóbil e enxeñería do transporte.

Trátase dunha carreira cun altísimo nivel de inserción laboral, pola amplitude multidisciplinar dos campos en que poden desenvolver a súa profesión. Intégranse en departamentos de produción, calidade, loxística, I+D, planificación, etc. Realizan traballos como deseños de novos materiais, proxección e explotación de parques de enerxías renovables tanto mariñas como terrestres, centrais hidráulicas, centrais nucleares, pilas de combustible, construcións bioclimáticas, etc.

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o mércores, 20 de xullo de 2016.

 

Prazas ofertadas para o curso 2024/2025
45

Por que estudar a titulación

Unha carreira sen paro... En catro anos formamos profesionais altamente cualificados e preparados para acceder a un mercado laboral de altísima demanda con multitude de campos de actuación, e que posteriormente poden seguir formándose mediante o acceso directo á titulación de Master en Enxeñaría Industrial.


Unha profesión fascinante... Realiza traballos do tipo de: deseño de novos materiais, proxección e explotación de parques eólicos, centrais hidráulicas, pilas de combustible, combustibles alternativos ou construcións bioclimáticas, entre outros aspectos.


Formación práctica en empresas...  Poderás realizar prácticas dentro dun amplo abanico de empresas concertadas que abran practicamente tódolos sectores da nosa profesión. 


Grupos de docencia reducidos... As clases impártense en grupos reducidos, así se permite unha atención personalizada do alumnado que non é fácil atopar noutras universidades máis masificadas. Ademais, as sinerxías que se xeran entre docentes e estudantes das distintas enxeñerías que se imparten no campus, redundan nun beneficio neto na formación do futuro graduado.


A vida no Campus de Esteiro... A oferta de aloxamento para estudantes en Ferrol é moi ampla e en xeral pódese considerar que o custo da vida é menor que noutras cidades que ofertan estes estudos

Folla de ruta

Curso de comezo 2010/2011
Data última modificación/verificación ACSUG 10/07/2019
Data autorización Consello Xunta 11/11/2010
Data publicación autorización DOG 17/11/2010
Data publicación BOE de carácter oficial 16/03/2011
Data publicación plan estudos DOG 13/10/2022
Data publicación plan estudos BOE 17/10/2022