O Grao en Enxeñería Mecánica impartese na Escola
Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) no Campus de Esteiro. A EPEF
nace no ano 2021 como resultado da fusión das dúas escolas de
enxeñería da cidade, a Escola Universitaria Politécnica e a Escola
Politécnica Superior, con máis de 50 anos de traxectoria en formación no
ámbito da enxeñería.
A partir do curso 2010/2011, a adaptación das
titulacións universitarias ao Espazo Europeo de Educación Superior, motivou a
substitución dos plans de estudos conducentes ós títulos de enxeñeiro
por outros de graduado. As materias que se estudan para obter o Grao en
Enxeñería Mecánica estrutúranse en catro cursos, con dous cuadrimestres por
curso. En cada cuadrimestre cursanse ordinariamente cinco disciplinas.
Este itinerario curricular que conduce ao título de graduado
o Graduada en Enxeñería Mecánica pola Universidade da Coruña permite a adquisición
de amplos coñecementos en estructuras e construcción ou máquinas.
Os futuros enxeñeiros ou enxeñeiras mecánicas adquiren amplos coñecementos nas diferentes áreas desta enxeñaría, sen esquecer o resto das áreas que integran unha enxeñería do ámbito industrial: eléctrica, electrónica, química, enxeñería enerxética, do ambiente, automática, materiais, organización industrial, producción, enxeñería do deseño, instalacións industriais, enxeñería do automóbil e enxeñería do transporte.
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o martes, 30 de maio de 2023.
|
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025 |
45 |
Unha carreira sen paro... En catro anos formamos profesionais
altamente cualificados e preparados para acceder a un mercado laboral de
altísima demanda con multitude de campos de actuación, e que posteriormente
poden seguir formándose mediante a titulación de Máster en Enxeñaría
Industrial, na nosa propia Escola.
Unha profesión fascinante... Esta profesión te capacitará para
traballar en sectores de vangarda como a automoción, a robótica, a
fabricación, a construción de plantas industriais e de grandes estruturas.
Formación práctica en empresas... Poderás realizar prácticas
dentro dun amplo abanico de empresas concertadas que abran practicamente
tódolos sectores da nosa profesión.
Grupos de docencia reducidos... As clases impártense en
grupos reducidos, así se permite unha atención personalizada do alumnado que non
é fácil atopar noutras universidades máis masificadas. Ademais, as
sinerxias que se xeran entre docentes e estudantes das distintas
enxeñerías que se imparten no campus, redundan nun beneficio neto na
formación do futuro graduado ou graduada.
A vida no Campus de Esteiro... O Campus de Esteiro
encontra situado no centro da cidade de Ferrol. A oferta de
aloxamento para estudantes en Ferrol é moi ampla e en xeral pódese
considerar que o custo da vida é menor que noutras cidades que ofertan
estes estudos.
| Curso de comezo | 2010/2011 |
| Data última modificación/verificación ACSUG | 26/07/2022 |
| Data autorización Consello Xunta | 11/11/2010 |
| Data publicación autorización DOG | 17/11/2010 |
| Data publicación BOE de carácter oficial | 16/03/2011 |
| Data publicación plan estudos DOG | 24/10/2022 |
| Data publicación plan estudos BOE | 25/10/2022 |