O Grao en Humanidades combina dous niveis de coñecemento: un xeral, centrado nas ciencias humanas, cun enfoque interdisciplinar e atención á perspectiva contemporánea; e outro instrumental e aplicado cuxo obxecto é capacitar o alumnado de forma básica para a actividade profesional. Así, os graduados en Humanidades atinxen unha formación versátil que lles permitirá adaptarse a unha sociedade en constante cambio, en que adquirirán coñecementos básicos sobre as grandes correntes artísticas e do pensamento, así como sobre a estrutura diacrónica do pasado e o comportamento das persoas en sociedade.
As competencias, aptitudes e destrezas xenéricas centraranse no desenvolvemento da capacidade de análise e síntese, de correlación, de demostración e argumentación, de organización e planificación e, por suposto, de razoamento crítico. Os coñecementos instrumentais e aplicados, pola súa vez, preparan para a inserción no mercado laboral en ámbitos profesionais ligados á converxencia entre as novas tecnoloxías, a cultura, a comunicación, a docencia e a investigación, así como nos sectores dedicados á organización e promoción de manifestacións de carácter cultural, e á interpretación e difusión do patrimonio no marco das políticas culturais e sociales actuais.
Canto á formación en actitudes e valores, facilita o paso do coñecemento á acción e á adquisición de destrezas para o traballo, contribuíndo á formación de cidadáns europeos dotados de capacidade de innovación tecnolóxica e social.
O estudo está en proceso de extinción
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
591€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
739€ |
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025 |
0 |
Os estudos en humanidades eríxense como aqueles que ofrecen habilidades para un amplo uso profesional. Así, alén das competencias xerais vistas no apartado de introdución, a titulación tamén merece interese polas súas competencias específicas, entre as cales cabe citarmos o coñecemento das producións culturais da humanidade; o coñecemento do pasado desde un punto de vista diacrónico; o coñecemento do espazo e o territorio, dos diferentes bens e recursos patrimoniais e dos seus réximes xurídicos; o coñecemento de linguas e culturas clásicas; o coñecemento de linguas modernas e da modernidade en todos os ámbitos culturais e sociais; a avaliación de impactos ambientais e patrimoniais etc.
Todas elas contribúen, dun lado, a que os graduados se organicen mellor mentalmente e ao desenvolvemento do pensamento lóxico, fomentan a capacidade de razoar, de expresión e de empatía social; e, do outro, converten os titulados en auténticos profesionais das ciencias humanas, encamiñados á docencia, ás actividades sociais e culturais, cunha alta valía para postos de recursos humanos e especialistas en axudar as empresas a asentar unha deontoloxía ética profesional para un mundo e un mercado plural e democrático.
Curso de comezo | 2015/2016 |
Data última modificación/verificación ACSUG | 22/06/2009 |
Data autorización Consello Xunta | 27/08/2009 |
Data publicación autorización DOG | 16/09/2009 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 05/01/2010 |
Data publicación plan estudos DOG | 14/09/2016 |
Data publicación plan estudos BOE | 19/09/2016 |