Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación

2024/2025 · 240 créditos

Introdución

O grao en Xestión Dixital de Información e Documentación é un título oficial da Universidade da Coruña que forma profesionais especializados e altamente competitivos con coñecementos multidisciplinares en Information Science, Data Science, Big Data, xestión de contidos, comunicación, ciencias sociais e humanidades.

O estudo está verificado e publicado

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
591€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
739€
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025
45

Por que estudar a titulación

A titulación representa un papel central e integrador con respecto a catro competencias (comunicación, xestión da información, tecnoloxía e técnicas de análise), e con respecto a cinco perfís profesionais (enxeñeiro de datos, científico de datos, productor de contidos dixitales, community manager, e business intelligence). Tras cursar o grao serás capaz de:

  • Dirixir equipos multidisciplinares que actúen como correa de transmisión entre a dirección da empresa e os equipos de científicos e enxeñeiros de datos que analizan e xestionan a información.
  • Liderar o proceso de transformación dixital de calquera empresa mediante as túas capacidades de xestión de contidos e comunidades dixitales.
  • Xestionar e planificar eficazmente servizos de información (centros de documentación, arquivos e bibliotecas) que preservan, representan e recuperan a documentación producida por empresas, institucións e organizacións nas súas actividades.

 Folleto informativo

Folla de ruta

Curso de comezo 2019/2020
Data autorización Consello Xunta 05/08/2019
Data publicación autorización DOG 14/08/2019
Data publicación BOE de carácter oficial 06/11/2019
Data publicación plan estudos DOG 11/03/2021
Data publicación plan estudos BOE 26/03/2021