Desde o curso 2020-2021 o Grao en Turismo, que antes se impartía nun centro privado adscrito, incorporouse como titulación propia á oferta académica da Universidade da Coruña. Impártese na Facultade de Filoloxía, no campus da Coruña. Ademáis, no curso 2020-2021 o grao en Turismo comeza a implantación dun grupo con modalidade online en primeiro curso.
O programa de estudos abrangue tanto materias xeneralistas (xeografía, historia, idiomas, socioloxía, dereito, economía…) como coñecementos en áreas específicas deste sector: patrimonio, xestión de recursos turísticos, TIC aplicadas ao turismo, recursos territoriais turísticos, fiscalidade turística, aloxamento e restauración etcétera.
Os graduados e graduadas en Turismo traballan como operadores de turismo, en axencias de viaxes, hostalaría, oficinas de información turística, organismos de turismo a todos os niveis, empresas de turismo rural, parques recreativos, estacións de esquí, convencións, balnearios, márketing turístico, etcétera.
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o martes, 12 de decembro de 2023.
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
591€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
739€ |
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024 |
64 |
O sector turístico xoga un papel fundamental na xeración de emprego, benestar e riqueza tanto en Galicia como en España e o resto do mundo.
O Grao en Turismo ofrece a oportunidade de adquirir coñecementos multidisciplinares e transversais, xa que abrangue diversas áreas de estudo, algunhas máis xerais,como a economía, os idiomas, a xeografía, a comunicación e as novas tecnoloxías; e outras específicas do sector, incluíndo intermediación, aloxamentos, patrimonio e xestión de recursos turísticos.
O mundo do turismo é esencialmente multicultural, e os alumnos terán a oportunidade de obteren unha visión internacional dunha industria innovadora e en constante cambio, grazas non só á formación teórica, senón tamén á mobilidade internacional e o seu amplo programa de prácticas en empresas e institucións turísticas privadas e públicas en España e fóra de España, que proporcionan unha visión real do sector e unha experiencia laboral moi valiosa á hora de enfocar o seu futuro profesional.
Este estudo é plurilingüe. O alumnado terá a opción de cursar parte do estudo en outras linguas.
Curso de comezo | 2009/2010 |
Data última modificación/verificación ACSUG | 04/05/2020 |
Data autorización Consello Xunta | 27/08/2009 |
Data publicación autorización DOG | 16/09/2009 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 05/01/2010 |
Data publicación plan estudos DOG | 07/03/2023 |
Data publicación plan estudos BOE | 11/03/2023 |