Grao en Enfermaría

2023/2024 · 240 créditos

Introdución

O título de Grao en Enfermaría da UDC ten como obxectivo a formación de enfermeiras/os xeneralistas con preparación científica, humana e capacidade para:

- Responder ás necesidades de coidados de saúde das persoas, familias, grupos e comunidades, dende unha percepción integral da persoa.

- Establecer relacións interpersoais empáticas e eficaces con doentes, familias e equipo de traballo.

- Actuar baseándose nos principios éticos, respectando os valores e dereitos individuais e mantendo a dignidade persoal.

- Utilizar o pensamento crítico, a practica reflexiva e a metodoloxía científica.

- Construír e contribuír ao desenvolvemento persoal, profesional e social.

A formación clínica comeza con prácticas simuladas para o desenvolvemento de habilidades, continuando coas prácticas clínicas en centros asistenciais que permiten integrar e incorporar coñecementos, habilidades, actitudes e valores profesionais e explorar as diferentes realidades asistenciais.

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o martes, 11 de xullo de 2017.

 

Consulta co centro adscrito para coñecer os prezos de matrícula.
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024
66

Por que estudar a titulación

O Grao en Enfermaría, que se estuda na Escola Universitaria de Enfermaría A Coruña, é un título de recoñecido prestixio que capacita o titulado para prestar coidados de saúde en distintos ámbitos de atención, tanto públicos como privados.

O estudante vai recibir unha ensinanza de alta calidade con metodoloxía apropiada que lle permite adquirir unha perspectiva ampla, gran variedade de ideas, valores culturais diferentes, distintas formas de aprender e, sobre todo, a importancia dun estudo sistemático de problemas e tendencias da sociedade, da saúde e da enfermaría.

O titulo de Grao en Enfermaría constitúe a formación previa necesaria para acceder aos títulos de mestrado, doutoramento e enfermeiro/a especialista.

Folla de ruta

Curso de comezo 2009/2010
Data última modificación/verificación ACSUG 22/06/2009
Data autorización Consello Xunta 27/08/2009
Data publicación autorización DOG 16/09/2009
Data publicación BOE de carácter oficial 05/01/2010
Data publicación plan estudos DOG 05/08/2014
Data publicación plan estudos BOE 07/08/2014