O Grao en Terapia Ocupacional é un título universitario que habilita para o exercicio da profesión sanitaria regulada de Terapeuta Ocupacional. Pertence á rama das Ciencias da Saúde e ten unha duración de catro anos (240 ECTS), impartíndose de forma presencial. En Galicia, só se oferta na Universidade da Coruña.
Os idiomas da formación son español e galego.
Para máis información, pode consultar a páxina web do centro: https://udc.es/es/fcs/gto/
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o mércores, 11 de marzo de 2015.
|
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025 |
50 |
A inserción laboral do Grao en Terapia Ocupacional da Universidade da Coruña (UDC) é moi elevada. Segundo os últimos datos do Observatorio Ocupacional da UDC (cohorte 2023/2024), a taxa de emprego alcanzou o 85,6%, o que supón un 20% por riba da media do conxunto de Graos da UDC.
É unha carreira universitaria con múltiples campos de actuación profesional: servicios públicos e privados do ámbito da saúde (hospitais, centros de saúde, clínicas de rehabilitación, mutuas de accidentes, etc.), campo social (residencias e centros de día xerontolóxicos, asociacións e centros de atención a persoas con discapacidade, centros comunitarios, etc.), ámbito da ortopedia e tecnoloxías de apoio para persoas con discapacidade (adaptando férulas, órteses, próteses e produtos de apoio facilitadores da vida diaria), servicios de accesibilidade e deseño universal, educación (centros educativos ordinarios e para nenas/os con necesidades de apoio educativo), ergonomía e adaptación de postos de traballo, docencia (profesor/a en ciclos de formación profesional, docencia universitaria e formación permanente ao longo da vida) e investigación, entre outros.
O Grao en Terapia Ocupacional da UDC é recoñecido como unha das titulacións de terapia ocupacional máis prestixiosas a nivel nacional e foi a primeira do país en adaptarse ás ensinanzas do Espazo Europeo de Educación Superior. A nivel internacional, obtivo o relevante recoñecemento da Federación Mundial de Terapeutas Ocupacionais (WFOT), para o período 2022-2029, o que tamén facilita o traballo como terapeuta ocupacional en outras nacións do contexto mundial.
| Curso de comezo | 2008/2009 |
| Data última modificación/verificación ACSUG | 06/05/2008 |
| Data autorización Consello Xunta | 17/07/2008 |
| Data publicación autorización DOG | 30/07/2008 |
| Data publicación BOE de carácter oficial | 26/09/2008 |
| Data publicación plan estudos DOG | 05/05/2009 |
| Data publicación plan estudos BOE | 28/04/2009 |