Grao en Enxeñaría de Obras Públicas

2023/2024 · 240 créditos

Introdución

O Grao en Enxeñaría de Obras Públicas dá acceso á profesión regulada de enxeñeiro técnico de obras públicas.

En 2018 este grao obtivo o selo de calidade internacional EUR-ACE sen prescripcións.

http://www.enaee.eu/

Contacta connosco no:

Tel. 981 167 000 extension 1440

Máis información

Web da Escola

Twitter, Instagram, Facebook

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o mércores, 18 de xaneiro de 2023.

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
836€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
1.045€
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024
50

Por que estudar a titulación

As razóns de tipo académico e profesional para estudar este título radican en que permite acceder á profesión regulada de enxeñaría técnica de obras públicas. Ademais, esta titulación proporciona unha formación específica no ámbito de actuación técnica da enxeñaría civil e a construción.

Este título tamén permite o acceso ao Mestrado en Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos.

Este grao ten unha das mellores insercións laborais da UDC e uns salarios medios moi superiores á media segundo o informe do observatorio ocupacional da UDC de 2019 para os titulados en 2014,.

A Escola conta cun amplo abano de prácticas en empresas que garante a posibilidade realizar estadías en prácticas aos alumnos. A Escola organiza a realización de unhas 100 estadías de prácticas ao ano e dispón dun portal de emprego.

Asimesmo os alumnos poden realizar programas de mobilidade internacional (Erasmus, etc.) con universidades de prestixio: Polit. Milán, Polit. Turín, Univ. Porto, Polit. Cracovia, Univ. Graz, Univ. Stuttgart, Univ. Chalmers e Univ. San Diego, entre outras.

Os alumnos indican en este video as súas razóns para estudar na Escola.

A docencia nas aulas compleméntase coa realización de prácticas de laboratorio das distintas asignaturas tanto na propia Escola como no CITEEC, un dos maiores centros de innovación tecnolóxica en Enxeñería Civil de España.

Os estudantes disfrutan dunha ampla vida universitaria: viaxes de prácticas, actividades deportivas (Intercamiños), Asociacións de estudantes (Delegación de estudantes, clube deportivo,etc.), Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, ciclos de conferencias, cursos de formación, entre outras moitas actividades lúdicas e culturais.

 Folleto informativo

Folla de ruta

Curso de comezo 2010/2011
Data última modificación/verificación ACSUG 29/07/2010
Data autorización Consello Xunta 11/11/2010
Data publicación autorización DOG 17/11/2010
Data publicación BOE de carácter oficial 16/03/2011
Data publicación plan estudos DOG 25/08/2015
Data publicación plan estudos BOE 19/08/2015