Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil

2019/2020 · 240 créditos

Introdución

O Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil é unha adaptación e mellora do primeiro ciclo da actual titulación de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos ao espazo europeo de educación superior. O obxectivo principal desta titulación é formar enxeñeiros cunha sólida base científica que poidan acceder ao Máster Universitario en Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos coa mellor preparación posible.

En 2018 este grao obtivo o selo de calidade internacional EUR-ACE sen prescripcións.

http://www.enaee.eu/

Contacta con nós:

Tel. 981 167 000, ext. 1440

Máis información

Web da Escola

Twitter, Instagram, Facebook

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o mércores, 20 de xullo de 2016.

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
836€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
1.463€
Prazas ofertadas para o curso 2019/2020
50

Por que estudar a titulación

As razóns para estudar este título radican en que foi deseñado:

  • para formar titulados universitarios cunha preparación físico-matemática rigorosa orientada á técnica e unha preparación xeralista sólida en múltiples eidos da enxeñería, e en particular da Enxeñería Civil;
  • segundo un modelo formativo en que o método científico é a base do ensino e da aprendizaxe;
  • como unha primeira etapa do acceso á profesión reguladade Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos, directamente relacionada co sector da enxeñería civil: referente a nivel internacional e un dos principais motores da economía española.

Este grao ten unha das mellores insercións laborais da UDC e uns salarios medios moi superiores á media segundo o informe do observatorio ocupacional da UDC de 2019 para os titulados en 2014.

Este grao tamén permite o acceso á profesión regulada de Enxeñería Técnica de Obras Públicas: Esp. en Construcións Civís.

A Escola conta cunha ampla oferta de prácticas en empresas (unhas 100 ao ano) que garante a realización de prácticas en empresas e un portal de emprego .

Os alumnos dispoñen de convenios de mobilidade internacional (Erasmus, etc.): Polit. Milán, Univ. Stuttgart, Univ. Chalmers, Univ. San Diego, etc.

A docencia nas aulas compleméntase con prácticas de laboratorio na Escola e no CITEEC.

Os estudantes disfrutan dunha ampla vida universitaria: actividades deportivas (Intercamiños), viaxes de prácticas, Asociacións estudantís (Delegación de alumnos, clube deportivo, etc.), Enxeñería Sen Fronteiras, cursos de formación (e.g. “soft skills”), etc.

Os alumnos indican en este video as súas razóns para estudar na Escola.

 Folleto informativo

Folla de ruta

Curso de comezo 2010/2011
Data última modificación/verificación ACSUG 16/07/2010
Data autorización Consello Xunta 11/11/2010
Data publicación autorización DOG 17/11/2010
Data publicación BOE de carácter oficial 16/03/2011
Data publicación plan estudos DOG 27/09/2017
Data publicación plan estudos BOE 30/09/2017