Grao en Náutica e Transporte Marítimo

2024/2025 · 240 créditos

Introdución

Os estudos do Grao en Náutica e Transporte Marítimo teñen carácter científico-tecnolóxico e dan acceso ao exercicio, a bordo de buques, das profesións de piloto e capitán/á da mariña mercante.

O plan de estudos está deseñado para capacitar o alumnado de cara á realización das funcións de dirección nos aspectos náuticos, de seguridade, persoal e operacións que se desenvolven nun buque.

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o mércores, 18 de xaneiro de 2023.

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
836€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
1.045€
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025
50

Por que estudar a titulación

O plan de estudos está deseñado seguindo a normativa internacional que regula a formación dos profesionais náuticos, para dar acceso a un mercado laboral cunha alta demanda, coa posibilidade de exerceren a súa actividade en calquera lugar do mundo e en sectores moi amplos do ámbito marítimo.

Disponse dun profesorado altamente cualificado, con experiencia profesional maioritaria na mariña mercante e outros sectores marítimos. Garántese, así, unha formación en conexión directa coa realidade do sector, que se reforza cunha carga de prácticas en empresas de até catro meses.

A existencia de dúas mencións ou especialidades permite orientar a túa vocación non só cara ao ámbito da mariña mercante, senón tamén a outras actividades do sector marítimo, en que os nosos ex-alumnos gozan dun alto recoñecemento.

Así mesmo, o Grao en Enxeñaría Náutica e Transporte Marítimo dá acceso ao mestrado que cómpre cursar para o exercicio da profesión de capitán/á da mariña mercante.

 Folleto informativo

Folla de ruta

Curso de comezo 2010/2011
Data última modificación/verificación ACSUG 23/03/2015
Data autorización Consello Xunta 11/11/2010
Data publicación autorización DOG 17/11/2010
Data publicación BOE de carácter oficial 16/03/2011
Data publicación plan estudos DOG 22/02/2022
Data publicación plan estudos BOE 23/02/2022