Os estudos do Grao en Máquinas Navais teñen carácter enxeñeril e tecnolóxico. Dan acceso ao exercicio, a bordo de buques, das profesións de Oficial de Máquinas da mariña mercante, e xunto co mestrado en Enxeñaría Mariña á profesión de Xefe de Máquinas da mariña mercante.
O plan de estudos está deseñado para capacitar o estudantado de cara á realización de actividades de operación, mantemento e xestión de todas as instalacións con que conta un buque e no sector industrial terrestre.O estudo está verificado e publicado
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
836€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
1.045€ |
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025 |
50 |
Titulación con taxa de paro do 0% é altos salarios.
O grao en Máquinas Navais obtén o mellor índice de inserción laboral de todo o sistema universitario galego, segundo o último informe elaborado pola Axencia de Calidade do Sistema Universitario de Galicia (2021).
O plan de estudos foi deseñado seguindo a normativa internacional que regula a formación dos profesionais mariños, para dar acceso a un mercado laboral cunha alta demanda, coa posibilidade de exerceren a súa actividade en calquera lugar do mundo e en sectores moi amplos do ámbito enxeñeril e tecnolóxico.
Destacar o carácter carácter multidisciplinar da formación adquirida o que facilita a inserción laboral en diferentes áreas, como poden ser os asteleiros, inspección de buques, sociedades de clasificación e todo tipo de industrias que incluen no seu proceso pruductivo ou de servicios a xestión de máquinas térmicas, enerxía e mantemento.
Disponse dun profesorado altamente cualificado, con experiencia profesional maioritaria no ámbito da enxeñaría mariña e outros sectores industriais. Garántese, así, unha formación en conexión directa coa realidade do sector, que se reforza cunha carga de prácticas en empresas de até catro meses.
Así mesmo, o Grao en Máquinas Navais dá acceso ao mestrado que cómpre cursar para exercer a profesión de xefe/a de máquinas.
Curso de comezo | 2021/2022 |
Data última modificación/verificación ACSUG | 24/05/2021 |
Data autorización Consello Xunta | 08/07/2021 |
Data publicación autorización DOG | 16/07/2021 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 13/09/2021 |
Data publicación plan estudos DOG | 28/12/2021 |
Data publicación plan estudos BOE | 25/12/2021 |