O título de Graduado/a en Paisaxe pola Universidade da Coruña e pola Universidade de Santiago de Compostela, ven a cubrir unha carencia no Sistema Universitario Español en relación co resto de Europa así como coa maior parte de países desenvolvidos. Para a posta en marcha e elaboración dos instrumentos previstos na normativa europea, nacional e autonómica, as administracións públicas e as empresas precisan de profesionais altamente cualificados cunha formación multidisciplinar no ámbito da planificación, deseño e xestión da paisaxe, nos ambientes urbano, rural, forestal e do medio natural. Son funcións dos graduados en paisaxe o crear, manter, protexer e mellorar os lugares coa finalidade de que sexan funcionais, belos e sostibles. Máis información www.gradopaisaje.es https://www.facebook.com/gradoPaisaje/
O estudo está verificado e publicado
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
836€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
1.045€ |
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024 |
0 |
Entre os ámbitos de exercicio profesional destacar o deseño, restauración, xestión, mantemento e administración de espazos abertos privados e públicos, o desenvolvemento e aplicación de estratexias e procesos de deseño, xestión e planeamento paisaxístico a todas as escalas do territorio, a restauración de espazos alterados coa aplicación das oportunas medidas de corrección ambiental, a avaliación de impacto ambiental, os estudos sobre clima, solo, flora, fauna, augas superficiais ou soterradas, os estudos económicos e calendarios de obras de proxectos de paisaxe, o asesoramento e consultoría, a investigación e redacción de informes técnicos, a realización de estudos de viabilidade e avaliación de lugar e contexto, a coordinación e desenvolvemento de procesos de participación comunitaria, así como procesos de consultas con os axentes interesados; a elaboración de documentos gráficos e visualizacións en 3D para ilustrar plans e propostas; a selección de especies vexetais e materiais apropiadas nun contexto dado ou a realización de orzamentos e planificación de gastos durante a execución de obras de paisaxe.
Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña , participan na súa docencia as seguintes universidades:
Curso de comezo | 2018/2019 |
Data última modificación/verificación ACSUG | 06/04/2018 |
Data autorización Consello Xunta | 13/06/2018 |
Data publicación autorización DOG | 29/06/2018 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 07/09/2018 |
Data publicación plan estudos DOG | 09/01/2019 |
Data publicación plan estudos BOE | 04/01/2019 |